Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 14 de junio de 2022
Non se tira nada!

Que susto! Xa abrira a porta da casa para saír cando caín na conta de que non collera o caderno para escribir. A ver, tampouco pasaba nada. O outro día saín sen el e escribín igual. Teño de reserva, no peto da camisa, un caderniño que fago eu mesmo de papel reciclado. E como último recurso tamén están os panos de papel que poñen os bares nas mesas e nos mostradores. E se por un casual me falla todo, non sería a Pingas de Orballoprimeira vez que pido un folio ou un papel calquera no que poder escribir. Estou falando de cando escribo nos cafés, que é case sempre. Sobre o propio ordenador fágoo cando xa non me queda outra.
Ultimamente intento facelo sobre ese caderno que comentaba (o que deixaba na casa) porque hai un mes ou dous regaloumo Alán. A el déronllo no traballo e como non o usaba ía tiralo. Aínda que, primeiro, como sabe que escribo, díxome se o quería. Como non ía querer! Como o ía tirar! Na miña casa non se tira nada do que se poida aproveitar. E dicindo isto, sorrío porque se me veñen á cabeza as sobras das comidas e cada vez que alguén dos meus comenta de tiralas ou non, axiña respondo con que sería un pecado que se decataran diso os neniños de África. E non se tira nada! Como dixo unha vez miña nai nun restaurante á beira de Silleda: "como isto aínda que rebente". Estaba farta, pero non quería que se tirara nada... polo que custara e porque naqueles tempos de verdade que era pecado.
Vedes?; pillei o caderno e escribín nel. Escribiría igual, pero queda máis bonito dicir que era de Alán.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES