Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rituais ancestrais do Entroido (5)

miércoles, 08 de junio de 2022
Achegas históricas á corrida do Galo en Galicia e nos Concellos Chairegos de Castro de Rei e Cospeito.

2.1. Mostra dun atranco: Enfrontamento entre dous xenerais (San Simón de Ons de Cacheiras - Teo).


XENERAL A: Si gobierna el socialismo / ya os podeis preparar / pagaremos más impuestos / y tendréis que trabajar.

XENERAL B: Con la UCD en el gobierno / el paro ha aumentado /aumentaron los peludos / y también hay más drogados.

XENERAL A: Pues el líder socialista / a España decepcionó / presentó el voto de censura / que la UCD ganó.

XENERAL B: Pues la UCD señores / poco va a gobernar / porque el mismo sector crítico / es quien la va a traicionar (1).

Case todas estas pezas teatrais, que acabamos de ver, deixaron de escenificarse co paso dos anos. Con todo, na provincia de Lugo hai comunidades parroquiais, como Santiago de Arriba (Chantada), (2) onde se seguen levando a cabo "os oficios". Estes Rituais ancestrais do Entroido (5)son representaciones burlescas e satíricas de diferentes acontecementos da actualidade e, tamén da dinámica cotiá dos veciños da comunidade. Os seus persoeiros, nomeados "mecos", van vestidos con roupas vellas e por medio dos xestos, dos movimentos e dos sonidos, transmiten a mensaxe. Nos seus inicios, os oficios tiñan como finalidade levar a cabo unha imitación burlesca dos oficios non agrarios.

Tamén na parroquia de Salcedo, que forma parte do municipio de A Pobra do Brollón, hai dous tipos de representacións: (3) Por unha banda, temos "os disfraces de campo". Trátase de interpretacións pantomímicas nas que se parodian algúns eventos sucedidos durante o ano... Ademais, todos os domingos do Entroido representanse no salón de actos da localidade pezas teatrais curtas e humorísticas de contido diferente, que amosan os diálogos en prosa. É unha tradición que arrinca do ano 1958 ata o momento actual. Neste últimos anos, unha das que se interpretaron foi "A petición de man", que ten cicno persoeiros: Raúl, señor maior; pai de Carmen e avogado; Maruxa, rapaza de mediana idade, e serventa; Carmen, rapaza nova, filla de Raúl, e orientadora laboral; Rituais ancestrais do Entroido (5)Rafa, futuro marido de Carmen e avogado; e Manolo, rapaz novo, electricista. Outra, leva o título de "Non casei con todos", e foi representada polos seguintes personaxes: Rafa, noivo recén casado, enamorado da súa bela dona; Luisa, noiva moi guapa e distinguida; Lola, nai de Luísa, vai facer da noite algo inesquecible; Encarna, nai de Lola e avoa de Luísa; Marcial, amigo de estudos de Rafa; e Avelilo, amigo de estudos de Rafa. A escena transcurre no salón dunha casa onde se supón que vai pasar a primeira noite de casados unha parella. Esta entusiasmada porque é a primeira vez que van manter relación íntimas, despois de sete anos de noivado. Pero todo se vai complicando cando empeza a aparecer xente na estanza, un tras doutro, cada vez máis e máis. Eles pensan que van tolear e pouco lles ha faltar... (4).

NOTAS:
1. GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: Ob. cit., páx. 121.
2. BLANCO PRADO, J.M. e GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: "O Entroido na Ribeira Sacra e en Salcedo. O volante, o peliqueiro e o oso", Tempos de Festa. T.I. Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2006, páxs.127-137.
BLANCO PRADO, J.M.: "O Entroido na Diocese de Lugo. Achegas históricas ao Entroido na Ribeira de Chantada", Lucensia, nº 39, Lugo, 2009, páxs. 363-370.
BLANCO PRADO, J.M e PERNAS BERMÚDEZ, Carme: "O Entroido Ribeirao. Santiago de Arriba (Chantada) (Lugo)", Croa, nº 22, 2012, páxs. 78-105.
3. BLANCO PRADO, J.M.: "O Entroido na Diocese de Lugo. Achegas históricas ao Entroido na freguesía del Salcedo", Lucensia, nº 40, Lugo, 2010, páxs. 163-172.
4. GONZÁLEZ, Javier.: Comedias para un pobo, seis pezas de teatro, Lugo: Deputación de Lugo. Vicepresidencia primeira. Colectivo Beladona, 2014, páxs.57 e 73.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES