Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Annus Gloriosus

viernes, 10 de octubre de 2008
Annus Gloriosus
“O teatro é o espello da vida
e reflexa con susto rigor
a verdade, a esencia do pobo
en cada función.
Corren tempos de desesperanza,
Esta crise acaba con nós.
E se o mundo vai mal, o teatro
aínda vai peor”.

Quen así fala é Paco, unha das personaxes de “Annus Horribillis” obra de teatro do grupo “Chévere”. O grupo de adultos da Escola Municipal de Teatro de Vilalba púxoa en escena no mes de xuño e voltará a representala na Mostra que dende hai ben anos celébrase no mes de outubro no Auditorio “Carmen Estévez”.

Hai dous anos a Concellalía de Cultura creou a Escola para canalizar as inquedanzas de moita xente amante do teatro e que desexaba achegarse a el dende bambalinas e non somentes como espectadores. E así naceo. E vai medrando pouco a pouco, porque cada ano a matrícula é mais elevada o que demostra o interese que desperta este mundo.

Teresa Castro está dende o principio impartindo unhas clases amenas nas que se traballa a voz, o xesto, o movemento... en fin, todo aquello que é preciso coñecer para poder sair a un escenario e transmitir ao público as emocións dos textos que se representan.

Como traballo de fin de curso do primeiro ano, Teresa propuxo “A casa de Bernarda Alba”, todo un reto ao que nos enfrontamos e do que saímos moi satisfeitas. Porque nós encargámonos da adaptación, do vestiario, da escenografía... e de superar os nervos de vernos diente dos nosos amigos e veciños.

Somos un grupo no que hai xente nova e outra non tanto, xente con moita experiencia neste mundo e outra recén chegada, xente con maneiras moi distintas de ver as cousas... pero todo isto o que fai é enriquecer as relacións entre nós. Porque por riba de todo prima o respeto e o amor ao teatro.

Xa está aberto o prazo para se matricular no curso que agora empeza. Imos vivir moitas vidas e ser moitas persoas distintas, porque o teatro lévanos máis alá do que podamos imaxinar. Ademáis, é unha maneira moi boa de desconectar das tarefas cotiás e pasar un bo rato en boa compañía.
Naseiro, Estrella
Naseiro, Estrella


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES