Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 10 de junio de 2022
Un gran cantante

Como quería ser un gran cantante, todas as tardes, á posta do sol, púñame no alto das escaleiras da Isabel, A Garavellas, e alí iniciaba un recital de entre cinco a dez cancións. A non ser que aparecese alguén que se burlase moito da miña voz. Que entón fuxía co rabo entre as pernas. Algúns dicíanme que tiña pinta de Andrés do Barro, aquel do tren pola beira do Miño; outros que imitaba a Pucho Boedo; cando na Pingas de Orballo realidade quería ser como Sabina, mentres que as cancións semellaban de Melendi.
Non obstante, eu perseveraba unha e outra vez, todos os días, e sempre á posta do sol. Cantaba a esa hora para que os veciños non me visen a vergonza pintada na cara. Son tan tímido que só ó cantar consigo vencer algo o apoucamento. Algo. Cando me asubían deixo uns minutos de cantar e son eu mesmo o que asubío tamén temas de Morricone. Calmada a xente, volvo ás mesmas: a querer cantar como Víctor Manuel ou Camilo Sesto. Pero sigo notando como se me pega Melendi. Puto Melendi!
Por certo, son Ceferino Ruiz Salouco, o fillo da Filomena, A Cabrita, e de Florencio, O Castrón. Se algún día consigo ser famoso, ou sexa, tan bo cantante como Paquiño Sinatra ou o Leonardo Cohen ese, quero que se me coñeza como Asubío do Baño. O de Baño é por Baños de Molgas, claro, non polo aseo. Sempre me gustou cantar e fágoo desde pequeno. Nin a miña nai coa ladaíña de "que mal cantas, fillo" foi quen de botarme para atrás. Así é que subo as escaleiras da Garavellas para ser Miguel Ríos. Si, xa sei que semellará que son Melendi.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES