Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 01 de junio de 2022
Cae con forza

Cae, pero ben caída. Cae con forza, con ansia, con ganas. A canícula. Ás catro da tarde. Cae de tal maneira que nun cruce das rúas da Valenzá, no asfalto, vin como se asaban os paxariños e noutro cruce eran media ducia de ovos os que estaban formando Pingas de Orballo unha tortilla. Unha tortilla francesa. Porque non había patacas para que fose española. Quenta tanto que, o sol, queima. Menos mal que eu, que non son parvo enteiro, estou á sombra. O de medio pampo tamén ten o seu aquel: a quen se lle ocorre saír da casa con esta canícula! Pois ós que temos medo de que se nos caia esta encima.
Claro que, aínda queda o peor: que hoxe toca andaina. Se a deixamos para moi tarde, bótase a cea enriba. Se a iniciamos dentro dun cacho, e por moita gorra que poñamos sobre as cabezas... Non obstante, confío en que o corpo aínda estea acostumado a aquelas lecturas que realizaba pola Pitediña, en Baños de Molgas. Pero tamén lle temo ó paso do tempo. Non é o mesmo andar baixo o sol de mozo que de vello.
A canícula é grande. As ansias son poucas. Pero os heroes estamos para rotos e descosidos. Botámoslle peito ó asunto e tiramos para adiante. E como se adoita dicir: que sexa o que Deus queira. Dá igual morrer dun tiro de escopeta ou dun sopro no corazón ou dunha insolación. Din que de algo hai que morrer. Pero cando non me entrou a Covid (que veña, que lle rillo as entrañas), menos me vai penetrar a canícula.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES