Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persoas con soños

jueves, 26 de mayo de 2022
Tódalas persoas somos diferentes.
Hainas tímidas e hainas moi extrovertidas.
Hainas que van paso a paso e hainas que se arriscan e aceleran.
Cada persoa ten a súa maneira de ser e de facer.

Sexa como sexa nos tempos que nos toca vivir precisamos persoas con soños que cumplir.
Persoas que teñen ideas claras.
Persoas decididas.
Persoas loitadoras.
Persoas emprendedoras.
Persoas que soñen cun mundo mellor.

Os tempos son difíciles.
Con todo, a nosa xuventude mirará cara adiante, terá que arriscar, terá que botalle moito valor á vida porque entre os desastres da pandemia e os da guerra...

Con tódalas dificultades que se lle poidan presentar, a xuventude terá un punto de apoio na propia historia que lle ensinará a superar obstáculos e outro punto de apoio nun futuro prometedor baseado nos seus coñecementos e na súa nova mirada para ve-lo mundo.

Porque a verdade é que a xuventude de hoxe en día ten moitas oportunidades para adquirir unha boa formación.

Ten oportunidades e sangue novo en efervescencia.
Independentemente que haxa: bos ou malos estudiantes como houbo toda a vida; cada persoa ten as súas propias oportunidades e conforme vai madurando, vai adquirindo experiencias e coñecementos que lle permiten cumplir os seus soños.

Afortunadamente a rapacería de hoxe en día está moito máis estimulada do que estivemos as xeracións anteriores.
Eses estímulos favorecen a apertura de miras cara a outros horizontes que aínda están sen explorar.

O importante é que soñen con cumprir uns obxectivos que lles permitan medrar como persoas.
Teñen o mundo nas súas mans.

NON PODEMOS IMAXINARNOS OS CAMBIOS QUE DARÁ O MUNDO.
Tampouco os nosos avós crían posibles moitos soños que cumprimos os seus netos.
E cada xeración traerá soños aínda máis sorprendentes.

O QUE DEBEMOS TER MOI ALTO É O OPTIMISMO.
Mira-la vida con optimismo é unha boa cousa para que os ánimos se manteñan moi altos.
A nosa xuventude precisa te-los ánimos moi altos e a autoestima tamén para confiar nun futuro prometedor.
E loitar, loitar, loitar... Loitar ó longo de toda a vida.
Se miramos a vida con optimismo e pensamos que "non hai ben que por mal non veña", poderemos soñar con que a humanidade siga a súa evolución natural.
Porque:
Pandemias e guerras hóuboas en abundancia ó longo da historia e seguiraas habendo...
Porque seguimos pensando que para ter paz hai que prepararse para a guerra e daquela: hai que darlle uso ás armas e máis ás ansias de poder dalgúns...

Pero cada xeración nace con sangue renovado e ten forza para todo o que se lle poña diante.
Das expereincias negativas como as que levamos soportando últimamente, tamén se aprende e quizais nos sirvan para coller outros camiños máis despexados.

Cada xeración ten que mirar novos horizontes porque a vida segue.
A VIDA SEGUE PARA OS QUE SEGEN SOÑANDO CUN MUNDO MELLOR.
Aínda quedan moitas persoas con gañas de avanzar, con moitos soños que cumprir...

Unhas veces avánzase con paso de lebre e otras con paso de tartaruga; pero o caso é avanzar.

Uns pasos daranse con máis acerto e outros con menos pero se soñamos cun mundo pacífico e harmonioso, un día ou outro conseguirémolo.
Nada e imposible.
Se nada é imposible, significa que todo é posible.
"TODO É POSIBLE".

Este será o título o seguinte artigo.
Moitas grazas polos soños acadados.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES