Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unhas letras para Fiz

miércoles, 25 de mayo de 2022
Levo anos, como tantos outros comandados pola Asociación Ergueitos que cada ano convoca o premio Fiz Vergara Vilariño, reivindicando un 17 de maio para este louzariño que viviu a súa diversidade funcional illado en Santalla de Lóuzara. Os que padecemos Unhas letras para Fizen carne propia algunha diversidade funcional sabemos que o rural pode ser unha cárcere aínda cheo de beleza, humanidade e dignidade. Para nós é unha beleza inaccesible e custa vivir nun lugar que che restrinxe o acceso ao seu ser máis puro.

Hai anos fun a Lóuzara e tiven o pracer de coñecer a "Irene grande" e a "Irene pequena", nai e irmá de Fiz. Impresionoume que, sen coñecernos de nada, a acollida foi absoluta, ata o punto que acabamos na habitación de Fiz, na casa de Vilariño de Lóuzara. Despois, Irene díxolle a súa filla que nos levara ao muíño e a Fonte da Cova. "Irene pequena" díxome que confiara porque subira por alí ao seu irmán moitas veces. Fíxeno e agradecín coñecer aquel lugar máxico onde o poema de Fiz esvara para sempre en auga fresca. Anos despois, sentín moito o seu pasamento.

Tamén souben de Lois Celeiro a través de Mero, ambos grandes amigos de Fiz. Xunto con eles, vai a tribo de Auxilia e a de Xermolos, que nunca esquecerá a rodeira do poeta. Hai moitos anos que se ven reivindicando un día para Fiz. Seguirémolo facendo ata que o día chegue. Ese día vai unir dúas reivindicacións que latexan na nosa tribo: a da inclusión da diversidade funcional e a da dignificación da cultura e a lingua galega. Todo se une en Fiz e, por iso, Fiz foi e é un referente en Lugo. En certo xeito, creo que tamén o é en Galicia pero os anos van impoñendo un diván de esquecemento. Por iso, un 17 de maio para Fiz sería unha mobilización de colectivos esquecidos que se erguen en dignidade.

Máis alá disto, recordemos que a obra de Fiz é extensa e intensa dende aquel "Pra vós" ata "Nos eidos da bremanza" que en 1990 acadou o Premio da Crítica. Viñeron outras obras imprescindibles como "Pastora de sorrisos" ou "Muiñeiro, poeta á deriva". Alén do publicado, fica tamén obra inédita e hai que lembrar o esforzo de Yago Rodríguez Yáñez por recuperar e estudiar a súa obra, nun estudo que supuxo a reedición dos poemarios.

Non estamos reivindicando nada que non sexa xusto e necesario. Fiz merece unhas letras galegas e as letras galegas merecen un ano aberto á diversidade. Será o 2023?

Currículum de Fiz Vergara Vilariño
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES