Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Teresa Ríos, Fran Fernández Davila e Maria Álvarez Landesa, Premios Vilarinhas 2022

jueves, 19 de mayo de 2022
Teresa Ríos, Fran Fernández Davila (TOMO) e Maria Álvarez Landesa (MALANDESA), Premios Vilarinhas 2022, na sua VI edición.

Os premiados foron comunicados este 17 de maio, Dia das Letras Galegas e recibirán os premios no acto de clausura do II Festival de Poesía Guitirica conxuntamente coa entrega do Premio Diaz Castro de poesia o próximo dia 3 de xullo na Casa Habaneira de Guitiriz.
Teresa Ríos, Fran Fernández Davila e Maria Álvarez Landesa, Premios Vilarinhas 2022
Todas as Vilarinhas participantes encheram este ano as farolas de Guitiriz como pare das actividades do Festival de Poesía Guitirica.

@s premiados recibirán unha figura xa clásica da autoría da artista muxian Viki Rivadulla que representa a unha muller galega con un paxaros na cabeza. Cada unha das pezas é feita a man e ningunha é igual a outra, polo que cada peza é única.

As Vilarinhas, consolidadas na sua sexta edición, constituen unha orixinal mistura de micro poemas con imaxe que se están a convertido nunha espécie de haikus á galega.

Inspiradas no nome do lugar de peixe do poeta Diaz Castro nos Vilares e no seu poema Esmeralda, as Vilarinhas son unha homenaxe anual ao noso poeta de referencia, o poeta das cousas pequenas, como pequenas e humildes son as Vilarinhas.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES