Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

María Lopo reedita as memorias de María Casares e o seu libro sobre ela

miércoles, 18 de mayo de 2022
Neste ano 2022, no que se cumpre o primeiro centenario da actriz galega María Casares (nacida na Coruña en 1922 e exiliada en Francia desde 1936), a especialista na súa figura María Lopo, doutora en Literatura Francesa pola Universidade da Alta Bretaña e catedrática de Francés en Galicia, acaba de reeditar ampliada a súa xa referencial monografía "O tempo das mareas. María Casares e Galicia", publicada polo Consello da Cultura Galega, xa accesible en liña: http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4446

Mais tamén vén de editar, cabalmente introducidas e profusamente anotadas, as memorias da artista coruñesa, "Residente privilegiada", publicadas pola Biblioteca del María Lopo reedita as memorias de María Casares e o seu libro sobre elaExilio da Editorial Renacimiento e presentadas na Llibreria Laie de Barcelona por parte da autora, do crítico teatral Joan de Sagarra e do catedrático de Literatura Española Manuel Aznar Soler, fundador e principal promotor do Grupo de Estudios del Exilio Literario (GEXEL), de moi longa e frutífera traxectoria.

Cómpre salientar como marco desta presentación o contexto do Congreso Internacional María Casares, organizado na Universidade Autónoma de Barcelona coa participación de diversos especialistas europeos, comezando pola actriz Esther Lázaro, coordinadora do encontro, e polo citado Manuel Aznar Soler, que forma parte do comité organizador. A propia María Lopo foi a encargada de pronunciar a conferencia inaugural do evento, "Sororidad antifascista en el exilio francés: María Casares y Nina Reicyn", centrada na relación da exiliada galega e a intelectual xudía que a primeira acolleu na súa casa de París durante a ocupación alemá de Francia ata que a segunda foi detida, deportada e asasinada nun campo de exterminio nazi. No mesmo congreso, programouse un recital multilingüe do poeta galego Claudio Rodríguez Fer a partir da súa composición "A viaxe vermella (María Casares)", traducida ao francés por María Lopo e Annick Boilève-Guerlet, contando con lecturas en lingua galega, castelá, catalá, francesa, occitana, italiana, inglesa, grega e rusa a cargo do propio autor, dalgunhas das súas tradutoras e da cantautora catalá Marina Rossell, así mesmo encargada de clausurar o evento cun concerto no Ateneo Barcelonés.

"Résidente privilégiée", memorias de María Casares, publicouse en Francia en 1980 e logo traduciuse ao español e ao galego. Nelas trata moi intensamente da súa infancia en Galicia, na que foi tan feliz sentíndose libre e salvaxe en Montrove e na praia de Bastiagueiro, etapa que María Lopo documentou con detalle no seu citado libro "O tempo das mareas. María Casares e Galicia". Tamén trata con amor, con humor e con dor a súa non menos intensa relación cos seus pais, a proletaria Gloria Pérez Corrales, descendente dunha familia obreira vinculada á Fábrica de Tabacos da Coruña, e o avogado Santiago Casares Quiroga, pertencente a unha familia burguesa, quen chegaría a ser ministro e presidente do último goberno da II República Española antes da guerra civil. María Lopo documentou xa tamén a tan cómplice relación co pai no seu libro "Cartas no exilio. Correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares", que reproduce as vitais cartas de ambos, cheas de graza e ironía malia as dificultades nas que vivían no exilio.

Tamén é importante a relación coa irmá maior, Esther Casares Quiroga, filla do pai, que a tivo durante os seus anos de estudante, pero non da nai. Desta irmá quedará afastada pola guerra, que a sorprendeu en Galicia, onde ficou como refén dos franquistas, mentres que os outros tres membros da familia estaban en Madrid, de onde partiron ao exilio en dúas etapas sucesivas. Aínda que a instalación na capital de España foi vista pola nena María Casares como o seu primeiro exilio, alí comezou a formarse nun ensino e nunha cultura republicanos moi avanzados para a época.

Xa en París, comezou moi nova a que será unha longa e exitosa carreira teatral, axiña tamén cinematográfica, das que as memorias dan conta puntual, incluíndo o seu grande amor compartido co escritor Albert Camus, que segundo María Lopo se inspirou no que María Casares lle relatou para a súa novela inconclusa El primer hombre. Pero son máis as relacións amicais e amorosas que a actriz relata en relación co teatro e co cine, como a súa amizade con Gerard Philipe, o seu emparellamento con Jean Servais ou o seu matrimonio con André Schlesser, todos coñecidos actores. A súa entrada na Comédie Française e no Teatro Nacional Popular (TNP), dirixido por Jean Vilar, convertérona nun modelo de actriz clásica e comprometida a un tempo, que tampouco renunciou ao experimento vangardista, pois mesmo foi actriz de cine para Jean Cocteau.

Segundo afirma María Lopo na introdución: "Residente privilegiada es un ensayo libre, María Lopo reedita as memorias de María Casares e o seu libro sobre elahondo y poliédrico sobre el lugar, una memoria de vida en la que el exilio trasciende la experiencia personal para convertirse en un elemento inherente a la condición humana." Ademais, para a mesma estudosa "La lectura del texto revela que este va más allá de una escritura testimonial, y que constituye una «magnífica obra literaria», tal y como ya afirmaba Alejo Carpentier en el momento de su aparición, aludiendo al dominio de la frase y al poder de expresión de la autora". E o director de cine Robert Bresson dixo de tales memorias que estaban escritas "en una lengua de una precisión de poeta", segundo recolle tamén a editora.

Esta capacidade literaria foi ratificada polo seu epistolario, como reivindica tamén María Lopo: "Su correspondencia personal, muy especialmente la intercambiada con su padre (LOPO 2008) o con Albert Camus (CAMUS, CASARÈS 2017), no hace sino confirmar la sensibilidad y la calidad de su relación a la escritura, tan evidente, por otra parte, en su faceta interpretativa, donde el respeto a la palabra del autor es clave en la manera de abordar su propio trabajo actoral."

Cómpre agradecer, pois a María Lopo, o seu incansable e perseverante labor de investigación por tantos arquivos de París, de Aviñón, de Normandía e da propia casa de María Casares en La Vergne, que agora lle permitiron realizar tan rigorosa e documentada edición das memorias da actriz, culminando así o excelente labor que xa viña realizando nos seus libros e conferencias, así como comisariando a gran exposición inaugurada na cidade da Coruña en conmemoración do centenario. Un labor exemplar no plano investigador, pero tamén no estético, como revela a súa peza teatral "O meu nome é María Casares", e no ético, pois con el quixo sempre reivindicar a memoria antifascista do tan brillante como esquecido exilio cultural republicano, indispensable para recuperar a necesaria memoria e a insubornable dignidade do pensamento e da creación en liberdade.
Bao, Marcela
Bao, Marcela


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES