Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entre bromas e realidades

lunes, 16 de mayo de 2022
Entre bromas e realidades Dixen moitas veces que temos o demo dentro ou que dentro, tamén, levamos unha fera. Non obstante, sempre hai algún ó que lle desborda a humanidade, ó que o corazón lle di: "para boa persoa, eu". O outro día, un condutor que ía como unha cuba e que circulou durante 25 quilómetros en sentido contrario pola autoestrada AP-9 chamou a Emerxencias, ou sexa, ó 112 para solicitar a presenza da Garda Civil e para que lle fixeran a proba de alcoholemia. Deu positivo, claro. E tamén deu positivo en drogas. A noticia é para rir polo detalle de autoflaxelarse el mesmo, pero se pensamos no que puido acontecer neses 25 quilómetros... Si, mellor non pensar. Mellor coller a súa borracheira a broma.

Autoflaxélanse los de Sanjenjo? Segundo o que leo por aí, semella que están esperando como auga de maio (ollo, que cada vez chove menos) a visita do rei emérito. Imaxino os preparativos e os gastos e os contos de los de Sanjenjo esperando a tal eminencia.

Usaba a paréntese para dicir que cada vez chove menos e que vén moi ben para dicir que La Región sacaba o sábado a nova de que os encoros da provincia estaban ó 48% de capacidade. E digo eu que aínda nos queda un mes para que chegue o verán, o que, por lóxica, choverá menos. O tema da seca empeza a ser unha vez máis un problema ben gordo. Principalmente para a agricultura. Porque aquilo de en abril, augas mil... xa non chove como chovía.

Entre bromas e realidadesAproveitando que saíu a agricultura á palestra e tamén a que iniciei este Recuncho cunha broma, vouno rematar con outra broma. Case o 40% dos galegos teñen sobrepeso (non puxen temos porque aquí si que é verdade que non me inclúo). E digo eu tamén que a culpa é da agricultura. Porque cada vez hai menos agricultura e cada vez se mecaniza máis; o que significa que o esforzo físico era en tempos. E aseguro que co esforzo físico suábase a gota gorda; non daba moita opción a coller peso. Porque, aínda que se comese moito (que se comía) por culpa dese esforzo, o manxar case sempre era a base de pan e touciño, pan e touciño, e pan e touciño. Por enriba, un prato de caldo e, ale, a seguir suando a gota gorda ó día seguinte. Agora sentamos nun tractor e escoitamos música a través dos auriculares. Así calquera engorda!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES