Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 18 de mayo de 2022
A rula do conto

Desde a distancia vin algo sobre un fío do tendido eléctrico. Desde a distancia aínda non sabía que era. Semellaba un paxaro. Pero podería ser un trapo ou unha desas zapatillas ou alpargatas que algúns paspáns colgan dos fíos da luz. Percorrendo paso a paso, metro a metro logo souben que era un paxaro. Pero tampouco a distancia me deixaba saber a clase. Penso que era unha rula. Ó mellor era un pardal ou unha Pingas de Orballo andoriña. Ás veces cústame distinguir uns doutros. Como para min todos son paxaros...
Cando cheguei á altura da ave mirei para arriba e, inocente de todo, pregunteille que era. "Son a rula do conto", contestou. Deixoume parvo, claro. Era a primeira vez que me falaba un paxaro. Aínda máis, era a primeira vez que me falaba un animal.
Ó falarme fíxome dubidar en se, eu, estaba dentro dunha fábula; ou se era a rula a propia fábula. Pero eu sei quen son, sei cal é a miña realidade, e que vivo na mesma, como que agora mesmo escribo sobre ela; sobre a miña realidade e sobre a rula do conto. Por certo, a rula do conto non deixaba de mirarme; de fronte e de esguello. Ó mellor tiña medo de que lle lanzase un cantazo. Pero como ía eu espantala cando me acababa de falar e cando me falaba dos contos. Co que a min me gustan os contos. Aínda que sexan mentira.
Axiña deixei de facerme preguntas. Puxémonos os dous á parola como se viviramos nun conto. Cando cansamos cada un tirou para o seu lado; ela voando e eu paso a paso. E non era tal conto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES