Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eugenio Montes e Cándido Fernández Mazas

lunes, 16 de mayo de 2022
A relación entre Eugenio Montes e Cándido Fernández Mazas, pasou por montañas de admiración, vales de decepción e mesetas de indiferenza. Este proceso aparece máis nítido na traxectoria vital de Mazas. Montes ao seu estilo, conservou ate o final, ao menos nas formas, esa admiración e respecto que sentiu desde o comezo da súa amizade, en cambio Mazas, utilizou o silencio, a prudencia e o distanciamento, cando descubriu comportamentos, que non casaban, cos do amigo dos tempos idos.
Para seguir este proceso, hai dous camiños principais e varios secundarios, que conflúen no mesmo itinerario:

1. A exposición e a publicación do catálogo: "Cándido Fernández Mazas. Vanguardia, Militancia y Olvido. 1902-1942 (1), froito da colaboración entre o Círculo de Bellas Artes e a Fundación Caixa Galicia, a raíz do centenario do seu nacemento.
Mediante o legado que se puido reunir, fíxose a magnífica exposición do Círculo de Bellas Artes en Madrid, imprimiuse o texto e iniciouse un recorrido itinerante, de Madrid a Coruña, de Coruña a Lugo e de Lugo a Ourense. Grazas a estes dous fitos, e ao traballo previo do seu irmán Armando, podemos achegarnos a dimensión intelectual de Cándido desde diferentes ángulos e perspectivas, así como ás etapas das súas historias de vida.

2. José Manuel Bouzas, persoa clave neste proceso foi o comisario responsable do proxecto. Ocúpase tamén, na actualidade, de difundir e facilitar o coñecemento da obra de Mazas a través da web oficial: candidofernandezmazas.com

A primeira vez que eu descubrín relacionados os nomes de Montes e de Mazas, é na reedición do libro, "Tres contos de Eugenio Montes: O vello mariñeiro toma o sol, o aniño da devesa e como na parábola de Peter Breughel", do ano 1980, que con admiración e sorpresa, lin e volvín a ler, tanto por a calidade literaria como por o escenario onde se desenvolvían os acontecementos (2), non me pasou o mesmo con Cándido Fernández Mazas "Candochas", ao ser as tres estampas da ilustración, unhas fotocopias en branco e negro, de mala calidade, que nada ten que ver coas excelentes ilustracións da primeira edición, de 1922. O valor artístico das ilustracións, contribuíron a incrementar o valor literario da obra de Montes. Agora podemos desfrutar da cuberta e das viñetas, ao estar reproducidas, tanto na web oficial de Cándido, como no texto do catálogo, p. 211.

A segunda vez, que volvo encontrar relacionados Montes de Mazas, é na correspondencia entre Eugenio Montes e Blanco Amor (3), na que Montes, resalta a brillantez da súa obra: "Es el chico con más alma que jamás he conocido. Es un hombre que ilumina y arde".
No texto do catálogo: "Cándido Fernández Mazas. Vanguardia, Militancia y olvido. 1902-1942", volven aparecer con frecuencia as referencias a Montes, obra que eu sigo neste artigo a través da correspondencia entre Montes e Mazas; Montes con Nicanor Fernández Rodríguez, pai de Mazas e a de Sebastián Martínez Risco Macías con Nicanor, por estar relacionadas, directa ou indirectamente, co fío da miña investigación: "Eugenio Montes, a través dos documentos".

As dúas postais, que aparecen reproducidas na p. 241, unicamente por o reverso, son de 1927, ano no que coincidiron Montes e Mazas en París (4), ambas aportan información moi valiosa, (anexo 1).

Na postal que lle envía Mazas a súa familia, transmite a súa preocupante falta de liquidez, dille textualmente. "Aquí nadie puede prestar cinco céntimos por la sencilla razón de que nadie los tiene, de modo y manera que si yo no tengo para comer, nadie me daría (...) gírenme inmediatamente para pagarle a Eugenio Montes".

Por o texto, podemos deducir con fiabilidade, que Montes lle estaba prestando diñeiro, para cubrir as súas necesidades básicas.

Na postal que lle envía Montes a Mazas, comprobamos que mantiñan correspondencia asidua, que debía de ser por medio de postais, moi común en Montes, e que tamén el andaba xusto de liquidez. De aí as súas preguntas "llegó tu dinero. Estoy casi agotado", "Estás preparado para girarme cuando te diga. Si me hace falta el dinero te lo pediré por telégrafo".

A carta que desde o Instituto Español de Lisboa, p. 298, lle enviou Eugenio Montes, o día 28 de xuño de 1939, a don Nicanor, pai de Mazas, como contestación ás que recibira, con moito retraso, tanto del, como do seu fillo Cándido, destaca, por a brevidade do texto, a rapidez da contestación e a urxencia da posta en marcha de dous plans de acción complementarios, concretos, oportunos e directos.

Por o desenlace dos feitos, deberon de ser útiles, nese momento, ser Conselleiro Nacional de Falanxe, no primeiro Ano da Vitoria, era unha posición de poder, de prestixio e de respecto. Hai un dato curioso, para evitar retrasos na correspondencia, Montes facilítalle a dirección do periódico "Arriba" en Madrid, (anexo 2).

[Membrete del Instituto Español de Lisboa
28 de junio 39
Año de la Victoria
Sr. Dn. Nicanor Fernández
Barcelona
Mi distinguido amigo: recibo en Lisboa con mucho retraso su carta y la de su hijo Cándido. No necesito decirle cuanto lamento que Cándido esté detenido. En este mismo momento envío un aval telefónico y otro más explicativo por correo aéreo, desenado ardientemente me tengan, con la mayor rapidez, el feliz resultado que anhelamos.
Comuníqueme lo que vaya habiendo de nuevo al periódico "Arriba"
Calle Larra - Madrid
V ya sabe cuanto le quiero a Cándido y que no descansaré hasta verle libre.
Un apretón de manos de su paisano y amigo
Consejero Nacional. Eugenio Montes]

Na defensa de Cándido, estaban tres persoas implicadas directamente moi valiosas: Sebastián Martínez-Risco (5), xurídico de gran prestixio, Nicanor Fernández Rodríguez, capitán do exército, pai de Mazas, que ademais da carga emocional, hai que engadirlle o esforzo económico da súa defensa e Montes, Conselleiro Nacional de Falanxe. No proceso tamén aparece de forma colateral, o capelán do Centro Penitenciario de Valencia, D. Ángel Lluch Tormo, p. 299, que no reverso da súa tarxeta de visita, expresa o seguinte: "Mi D. Manuel: en sus brazos deposito este tesoro, mi amigo Sr. Mazas. Le abraza su Capellán" (anexo 3).
As dúas cartas que se conservan da correspondencia entre D. Sebastián Martínez-Risco e D. Nicanor Fernández Rodríguez, con dez días de diferencia, (14/08/1939 -24/08/1939), pp. 300 e 301, (anexo 4), transmiten excelentes noticias a familia Fernández Mazas.
Na primeira ademais do texto de Sebastián, que ocupa case a totalidade do espazo das dúas caras da carta, ao final na marxe esquerda, hai un breve texto, asinado por Faes (6), que todo indica que tamén estaba mediando a favor de Cándido, "Muy cordial saludo y repetirle que aquí quedo", e na dereita do mesmo hai unha mensaxe de Cándido a súa familia, "Espero me giren esas doscientas pesetas que os he pedido para saldar mi estancia aquí. Escribirme. Abrazos. Cándido".

[Valencia del Cid, 14 agosto de 1939
Año de la Victoria
Sr. D. Nicanor Fernández Rodríguez
Ni querido amigo. He estado esperando, para tener el gusto de escribirle, a tener noticias, como era de esperar favorables, del asunto de su chico. Hoy lo hago para manifestarle que el expediente está en su última fase de resolución satisfactoria; es decir, que la propuesta de sobreseimiento del Juez fue reproducida por el Fiscal, y ahora esperamos, y gestiono que se haga con rapidez, la acoja el tribunal. Todo hace esperar, pues que el asunto sea cosa de días.
Su chico esta bien; nos acompañamos con frecuencia, y se comporta de modo admirable, como corresponde a él. Ha tenido únicamente el contratiempo de la infección, a consecuencia de una inyección, del brazo izquierdo, que ha sido preciso sajar con intervención de un médico que, no obstante haberle sido recomendado, no se portó nada bien, pues le cobró 150 pesetas. La intervención era de todo punto necesaria, pues el retrasarla hubiera sido muy peligroso.
Celebrando las buenas impresiones que le doy, le envío un cordial y afectuoso saludo.
Sebastián Martínez-Risco
Muy cordial saludo y repetirle que aquí quedo
Faes
Espero me giren urgentemente esas doscientas pesetas que os he pedido para saldar mi estancia aquí.
Escribirme. Abrazos a todos. Cándido].

Todo ía moi rápido e na dirección correcta, a meta, estaba a punto de conseguirse: "el expediente está en su última fase de resolución satisfactoria; (...) la propuesta de sobreseimiento del Juez fue reproducida por el Fiscal, (...) Todo hace esperar, (...) que el asunto sea cosa de días".
Da calidade da defensa xurídica, temos absoluta certeza, cando D. Sebastián, lle escribe a D. Nicanor, o expediente estaba no tramo final. Montes ponse en acción o día 28 de xuño, tendo en conta a burocracia e os condicionantes de Cándido e coñecendo a actuación de Montes nos procesos de rehabilitación de Ernesto Halftter; Otero Pedraio; Vicente Risco; Cipriano Rivas Cherif, cuñado de D. Manuel Azaña e Augusto Assía, a implicación de Montes, ao meu entender é evidente, en aproximadamente mes e medio, estaba todo resolto. Por o contexto das dúas cartas, Cándido xa tiña a liberdade condicionada, pagaba a pensión e houbo que recorrer a un médico de pago para curar a infección do seu brazo esquerdo. O pai de Mazas coñecía a gravidade do proceso, eran compañeiros seus os que estaban xulgando ao seu fillo, de non considerar valiosa a intervención de Montes, non lle escribiría por partida dobre, ele e o seu fillo. Mágoa que non contemos con documentos que acrediten a miña suposición.
É moi interesante a información que nos facilita a "Ficha Clasificadora", do día 13 de Abril de 1939, p.302, no apartado "personas que le conocen y pueden responder de su actuación y de sus residencias", aparece en primeiro lugar Felipe Fernández Armesto (Augusto Assía) e a continuación Nicanor, o seu pai, (anexo 5)

[Valencia del Cid, 24 de agosto de 1939.
Año de la Victoria.
S. D. Nicanor Fernández Rodríguez
Mi querido amigo: He recibido a su tiempo el giro telegráfico de 200 pesetas, y aunque en el telegrama de aviso me indicaba que era para "Trincado", lo he entregado días después a su hijo, que con ello atendió al pago de la fonda 9,50 pesetas por día-, creo que hasta el día de hoy.
Como se ha prolongado tanto su estancia en esta, y como, según en mi anterior le dije, tuvo que afrontar el gasto de 150 pesetas que un médico nada honrado le llevó por sajarle su brazo inflamado, no le ha quedado dinero; pero atenderemos a que pueda desplazarse a esa de modo inmediato, porque ya no habría tiempo de que Vd. enviase lo necesario. Ello le indicará que el viaje ha de ser próximo, tanto quizás esta carta llegue con él o aún después.
Su asunto está pendiente de firma y notificación. Lo hemos movido tanto como nos ha sido posible, con el interés que V. sabe me inspiran las cosas de ustedes, pero ya sabe tan bien como yo que el cúmulo de papeles es tal que para lograr rapidez hay que hacer milagros. Creo como le digo, que un día de estos saldrá para esa. Ya le avisaré por telégrafo la salida. Todo este tiempo hemos andado juntos.
Que se encuentre bien por ahí, y sabe es siempre suyo afmo. Amigo,
q. e. s. m.
Sebastián Martínez-Risco]

A segunda carta, complementa a primeira, aflora de novo: calor, cariño, proximidade, tanto física como emocional e apoio económico en caso de necesidade, en todo momento, de Sebastián con Cándido.
Ao analizar toda esta documentación, oitenta e tres anos despois, late a emoción e o alivio, que debeu de sentir a familia Fernández Mazas, despois do sufrimento tan grande, tan intenso e tan cruel dos anos da guerra: Mario, que con 17 anos, perdeu a vida na fronte de Teruel, Armando escondido nunha cova, para non ser encarcerado e Cándido, na prisión de Valencia, cun proceso xudicial arriscado, que con moita probabilidade podía acabar cun desenlace tráxico.

NOTAS:
1. Cándido Fernández Mazas. Vanguardia, militancia y olvido. 1902-1942. Fundación Caixa Galicia, ISBN 84-95491-43-5 (2002)
2. Eu titulo: "Tres historias de vida en Eugenio Montes". Publicado en Galicia Digital, no apartado de opinión o día 31/08/2021
3. Galicia Digital. "Correspondencia entre Eugenio Montes e Blanco Amor" (02/05/2022), Cándido Fernández Mazas, autor das ilustracións da primeira edición do seu libro "O Vello mariñeiro toma o sol e outros contos", (1922) e a "Estética da Muiñeira" (1923).
4. Información facilitada por José Manuel Bouzas: ["Las dos postales son de 1927. Coincidieron Mazas y Montes ese año en París durante unos meses en un Hotel du Faubourg Saint Jacques. Mazas regresó antes de que finalizase el período de concesión de la beca y no especialmente porque se acabase su asignación -a pesar de las dificultades que expresan las misivas-. El motivo fue que: "Regresa enfermo aquejado de una fuerte depresión nerviosa la que con intervalos más o menos breves no le abandonará durante el resto de su vida." tal y como relata su hermano Armando en Vida y Obra del Pintor Fernández Mazas en la pág. 56. Depresión nerviosa propiciada por el pavor que le provocaron las razzias de los fascistas italianos para capturar, torturar o matar a oponentes políticos refugiados allí. Y aún peor -en ese contexto- haber descubierto el doble juego de Montes y sus nuevas inclinaciones políticas."]
5. Sebastián Martínez-Risco y Macías (Ourense 1899 - A Corunha 1977). Estudou a carreira de Direito. Ingressou na carreira judicial e exerceu de juiz em diversas localidades. Com um grande prestígio pessoal e intelectual pola sua longa actividade jurídica, estabeleceu-se finalmente na Corunha e organizou um despacho de advogados, que alcançou fama na cidade. Ingressou na Real Academia Galega em 18 de abril de 1953. Foi eleito presidente da RAG em 9 de dezembro de 1960, e exerceu este cargo até o seu falecimento em 24 de setembro de 1977. Durante a sua presidência a RAG ganhou em prestígio e em actividade pública. Entre outras iniciativas, em 1963 começou a celebrar-se anualmente o Dia das Letras Galegas (17 de maio). Publicou diversos trabalhos da sua especialidade jurídica e foi também poeta em galego.
6. José Manuel Bouzas, mantén unha hipótese diferente a miña, referente ao papel de Montes: "Respecto al protagonismo en la liberación de Mazas, más que lo que pudiese haber conseguido Montes (mientras no se demuestre lo contrario) fueron las gestiones de los jueces Faes y Risco y la familia Mazas. Lo más determinante sin duda fue la intervención de los jueces (avezados en procesos judiciales) ante el tribunal por militar que éste fuese y donde asimismo influyó Don Nicanor (que formaba parte de tribunales militares similares al que juzgaba a su hijo) y muy probablemente Assía."
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES