Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 04 de mayo de 2022
Unha máquina de matar!

Ás sete da mañá iluminouse a miña pantalla do móbil cunha mensaxe que me dicía que 200 rusos estaban a manobrar por Detrás da Lomba; que actuase, pero xa! Que para iso son o Rambo molgués, o neto do xeneral Patton. Erguín nun lóstrego e, sen tan sequera almorzar, fun á corte a desatar ó burro Metralleta. Púxenlle a albarda e unha alforxas. Collín un simple fouciño, subinme ó Metralleta e para o Medo marchei. Pingas de Orballo Non hai coma un fouciño; que non mete ruído. Ía saber o puto Putin como as gasta o Eusebio Sibarita, é dicir, o Rambo molgués, o fillo da Eulalia, A Cotrosa.
Ó chegar ó Medo, atei ó Metralleta a un piorno vello que hai no medio dos Currás e fun medio acochado pola cuneta esquerda da estrada que vai ós Milagres. Cando cheguei ó alto da Portela xa empecei a zigzaguear por entre as xestas e piornos, arrastrándome e buscando a exacta localización dos invasores rusos. Non tardei en ver a un mexando. Co fouciño xa imaxinaredes o que lle fixen. Non lle dei tempo tampouco a que berrase.
Golpe a golpe, paso a paso, piorno tras valado, Detrás da Lomba axiña se tinguiu de sangue e vísceras. O fouciño é unha boa arma para abrir en canal. A miña camuflaxe era tan perfecta que nin o mesmo Putin se decatou daquel fouciño que voaba. Porque, si, tiven a sorte de que alí estaba tamén o tipiño ese. Agora deixo ó voso albedrío, á vosa imaxinación o que metín nas alforxas. En menos de dúas horas entrei triunfal en Baños de Molgas. Son unha máquina de matar!

Grazas á veciñanza

Isto é un sen vivir! Onte, segundo entrei triunfal en Baños de Molgas coas cabezas dalgún rusos nas alforxas, xa me estaba esperando un empregado municipal. Que as hostes castelás estaban cruzando A Canda e o Padornelo para conquistar Galicia, a miña Galicia. E iso si que non! Non precisaba ningún aliciente para largarme alá. Como a distancia era longa, prescindín do burro Metralleta e optei polo AVE ata A Pingas de Orballo Gudiña. Tamén cambiei de arma. En vez do fouciño collín o sacho. Porque non é o mesmo matar a uns que son do quinto inferno que zumbarlle a uns veciños. A veciñanza, para este Rambo molgués xusticeiro, é algo sagrado.
Hoxe en día transportar un sacho no AVE é complicado e case non procede. Pero achaqueilles que, debido a que todo vai xa con maquinaria, o levaba para un museo que armaran na Mezquita. Penso que moito non me creron, pero... Pero non tardei en ver as hostes castelás espalladas polos montes do Padornelo. Eran máis do dobre dos rusos do monte Medo. Como mínimo uns cincocentos.
Non obstante, e coma onte, golpe a golpe, paso a paso e piornos tras valados, os casteláns quedaban derreados e coas cabezas medio abertas. E que lles dean grazas á veciñanza, que se me guío polo amor á miña terra, o meu deber case era deixalos xa máis que enterrados. Se para os rusos precisei de dúas horas, para os casteláns fixéronme falta cinco. Non é o mesmo caer dun tallo de fouciño que de tres ou catro golpes de sacho. E caeron todos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES