Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 26 de abril de 2022
Puto Aire!

Cando saín da casa case me leva o aire. Pero non me levou. Non me levou porque me fun agarrando ós farois, ás árbores da beirarrúa, ós coches e mesmo me agarrei a unha muller. O que pasa é que me agarrei onde non debía, e deume tal labazada que me fixo bambear ou cambalear máis que o propio aire. Mireina de mala Pingas de Orballo maneira, porque ben se vira que fora un accidente. Non obstante, pedinlle perdón. Ela miroume de esguello e eu, por se aquel, funme de alí como quen leva o demo detrás, mellor dito, como se me levara o aire. E por esta vez deixeime ir.
Empezaba a angustiarme porque cada vez tiña menos sitios e menos cousas a onde agarrarme. Mesmo empecei a coller medo de cruzarme con algunha muller máis. Sábese que os accidentes logo aparecen e que as desgrazas nunca chegan soas. Non quería levar máis labazadas. Pero como o destino, ás veces, é algo cruel, polos auriculares asomou a canción de Mecano "Aire". Por un se acaso, collín os auriculares e gardeinos nos petos da cazadora; o esquerdo no peto esquerdo e o dereito no dereito. Para evitar as confusións despois.
Seguín andando a duras penas, ou sexa, cambaleando e agarrándome incluso ás orellas. Doíanme xa as pernas de tanto afianzarme nelas. Puto aire! Menos mal que non tardei en divisar un café, no que en menos de dous minutos, xa estaba contando a miña aventura. Porque era para contala. Conteina.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES