Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O canon dá para todos

lunes, 29 de septiembre de 2008
A enerxía eléctrica que pagamos debe estar ben tarifada polos que establecen as tarifas cando dá para tanto.

Dá para que as compañías eléctricas teñan axeitados dividendos e sexan clarísimo obxecto de desexo por parte dos inversores. E, por riba, dá para impostos que perciben as entidades estatais, as autonómicas e os concellos, en cifras multimillonarias que provocan conflictos no seu reparto.

Pois agora a Xunta vai establecer un canon eléctrico autonómico co que calcula obter entre dez e quince millóns de euros cada ano, ingresos ben sustanciosos para as arcas autonómicas, á vez que fondos para crear unha aportación para a mellora dos espazos protexidos e compensar algúns dos danos que os embalses producen.

Non todos os embalses serán gravados con este canon, que se asegura non vai repercutir nos consumidores pero dalgún lugar terá que sair, senón somente os máis importantes que se supón son tamén os que máis inconvintes producen.

Con esto dos embalses, xeneradores de riqueza da que unha parte se deriva hacia as administracións públicas, están aínda pendientes de investigar ou de divulgar todas as posibles consecuencias destas macroinstalacións, aclarando se efectivamente inflúen no clima das zonas da súa influencia con aumento de nubosidade, neboas e choivas, e mesmo se -como se dixo en relación cos embalses lucenses- podían ser responsables dos terremotos sufridos na provincia de Lugo en anos pasados.

Pero xa que os embalses xeneran riquezas, xa que orixinan problemas, os beneficios deben repercutir entre os afectados, sexan estes particulares ou institucións, mesmo participando as institucións das propias empresas coma no sector eólico. Outro tema sería axustar os prezos do servizo prestado de maneira que os consumidores non pagasen máis do que costa a produción e distribución de enerxía. Pero en canto as entidades preceptoras de impostos atopan un filón coma este é moi difícil que renuncien a seguir disfrutando dos beneficios dunha fonte prácticamente inesgotable do que todas as administracións poden participar. Polo menos, agardemos que os apliquen xusta e axeitadamente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES