Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (11)

miércoles, 13 de abril de 2022
Santuario da Virxe dos Milagres de Oirán, Mondoñedo (1)

Situación e trazos artísticos.

Coordenadas U.T.M.
X: 635.009 // Y: 4.820.917

A efectos civís o recinto sacro está situado na parroquia de Oirán, pertencente ao municipio de Mondoñedo e a provincia de Lugo; desde unha óptica eclesiástica forma Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (11)parte da freguesía de San Estebo de Oirán, arciprestado de O Valadouro, e diócese de Mondoñedo-Ferrol.

Conta con 233 habitantes (INE. 2007), distribuídos nas entidades de Burgo, Centeás e Xercido. Dista 7,4 km. da capital do municipio coa que se comunida por unha estrada local.

A nivel artístico, trátase dunha igrexa construída no século XVIII. Consta dunha nave, dunha capela maior e dunha sacristía. Sobre a fachada hai unha espadana de dous corpos e tres ocos, coroana por unha imaxe de pedra de San Estebo.

No seu interior hai tres retábulos:

. O maior, que amosa as imaxes do titular San Estebo, talle do século XVIII; San Pedro Apóstolo e San Xosé, talles do século XVII.

. O retábulo dereito coas imaxes modernas de San Ramón, San Xoán Bautista e a Virxe do Carme.

. O retábulo esquerdo, dun só corpo, é semellante ao seu fronteiro.
Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (11)
Na sacristía cómpre resaltar unha taboa, que representa a Cristo coa cruz rodeado dunhas trinta figuras, do século XVI con reminiscencias goticistas e populares.

Tamén un Cristo de madeira tallado, do século XVIII, e unha imaxe pequena de bicar de San Estebo.

Piedade popular
Neste recinto sagrado se celebra a festividade mariana dos Milagres, os días 24 e 25 de maio.

A influencia do santuario abrangue non só a parroquias do concello mindoniense, senón tamén a concellos próximos como Alfoz, Barreiros, Ferreira, Foz, Lourenzá e Ribadeo.

O resto do ano este recinto funciona como igrexa parroquial, aínda que poden vir devotos de ofrenda.

Os pedimentos máis usuais adoitan facerse por doenzas humanas. Sen embargo, os devotos tamén formulan rogativas de carácter preventivo non só por doenzas, senón fronte a crises da propia facenda ou problemas de índole familiar e social.

Ás veces, os pedimentos adoitan levarse a cabo por fieis que non poden acudir ao santuario por razóns de índole físico e psiquico.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES