Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Monsieur Benzema

lunes, 11 de abril de 2022
Se falo da guerra, cabréome. Se falo do Real Madrid, tamén me cabreo. Pero case prefiro falar dos merengues, porque a guerra, a maiores do cabreo, dá moita pena. Ata que tiven vinte e algo anos fun un fanático do Real Madrid. Agora son tan Monsieur Benzemaantimadridista que, segundo algúns anti lles gustaría que desaparecese o equipo madridista, eu non, eu non quero que desapareza; eu quero que xogue e que perda todos os partidos de penalti inxusto. Para que saiban o que é a carraxe. E antes de que algúns fagan lume cos dentes, tan só lles vou poñer dous exemplos para que pensen profundamente neses "así, así gana o Madrid". Dous exemplos que veñen de dous auténticos personaxes madridistas.

Todo merengue sabe quen foron don Alfredo Di Stéfano e don Jorge Valdano. Di Stéfano, despois de don Santiago Bernabeu, foi o máis grande que deu o Real Madrid. Pois ben, este ex presidente de honor confesou sempre que o Madrid era o equipo do Réxime. E don Jorge Valdano, sendo director técnico dos merengues, nun faladoiro televisivo dixo que tanto o Madrid como o Barcelona partían todas as temporadas (todas) con dez puntos de vantaxe sobre os demais clubs, grazas ás axudas arbitrais e de despacho. Repito: non o digo eu, que o dixeron dúas auténticas institucións madridistas.

Non obstante, e a pesar de todo iso, aquí tedes a un antimadridista que, desde un principio, mesmo cando o equipo técnico, os directivos e os afeccionados, querían botar ó Benzema, eu, este antimadridista, defendino sempre, chegando incluso a confesar que era moito mellor que Cristiano Ronaldo e que Modrić. E non estou a subirme ó carro da actualidade dese xogador. Teño a un fillo de testemuña, de que sempre lle confesei a miña admiración por monsieur Benzema. Sei que moito non entenderei de fútbol, pero creo saber distinguir a calidade; e o primeiro día que lle vin tocar o balón xa souben que ese tipiño me traería de cabeza; para ben e para mal. Por iso estou algo asombrado deses "grandes afeccionados" que non hai moito que o crucificaban e agora... agora é un Deus intocable. Eses mesmos afeccionados que nunca puideron ver a Francia (pola rivalidade veciñal) e que desde que semella que Mbappé pode ser deles, os tales franceses xa son dignos de admiración. Que pouca cabeciña temos. Pero, si, é mellor esta guerra de egos que a de Ucraína e Rusia. Na futbolística hai carraxe e poida que malas palabras, pero sen mortes, sen tantas mortes (que ás veces tamén as hai).
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES