Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fonte Gaiteira de Catoira

jueves, 25 de septiembre de 2008
Fonte Gaiteira de Catoira Nos tempos máis escuros da nosa cultura e da nosa música tradicional, no noso país non abundaban os grupos de gaitas, non sendo doado atopar máis alá dun puñado desas formacións, fundamentais na conservación e transmisión do patrimonio musical do noso pobo.

Había unha vila en Galiza, na que a mediados do século pasado, seguia mantendo viva a nosa música. Así, Os Riveiros”, “Brisas do rio Ulla, “Os Areeiras” e logo máis tarde “Faíscas do Xiabre” fixeron que Catoira fose o pobo de Galiza no que había máis cuartetos de gaita. Foi a nosa vila unha importante “Fonte Gaiteira” do noso país.

Eran tempos aqueles nos que, froito do autoodio, do complexo de inferioridade que se fomentaban desde o poder, o gaiteiro e a súa música era considerada por moita xente música de aldeanos e paletos.

Afortunadamente a situación mudou e hoxe, tanto a nosa música tradicional, como a figura emblemática que a representa “o gaiteiro” gozan do recoñecemento da maioría do pobo. Pódese dicer, que estamos a vivir un explendor da nosa música. Semella que as distintas fontes gaiteiras ao longo do noso país tiñan un bo caudal, para que as novas xeracións bebesen deses ricos manantiais, fructificando e ampliando ese rico patrimonio herdado dos nosos devanceiros.

Esta reflexión ven a conto, porque en Catoira, no corazón do pobo, temos un fermoso parque que se chama “Fonte Gaiteira”, no que no seu dia tocaron os lexendarios Gaiteros de Soutelo. Atopándose ao carón da Fonte Gaiteira un prado, un muiño de auga e unha ponte romanica protexida por patrimonio. O concello en vez de darlle a todo esto un tratamento global, ampliando o parque, pretende enche-lo de formigón para construir un macroedificio.

Diante desa pretendida desfeita, unha parte importante do pobo de Catoira reaccionou e ten convocada unha concentración na Fonte Gaiteira, o vindeiro domingo 28 de setembro ás 12 horas.

A música tradicional dun país, ven a ser a banda sonora coa que se identifica ese pobo. Na creación desa banda sonora ten unha influenza fundamental a paisaxe e o medio no que vivimos. Por eso as persoas vinculadas á nosa música tradicional, somos especialmente sensibles coas agresións ao medio ambiente.

Catoira aportou moito a ese manantial da música tradicional que antes citaba, a traveso da nosa Fonte Gaiteira, da que moitos seguimos bebendo.

Para protexer o noso patrimonio artístico, paisaxístico, medioambiental, é polo que vos fago un chamamento a todos os gaiteiros do país, a que acudades o vindeiro Domingo á concentración que imos celebrar ás 12 da mañá no devandito parque. Pretendemos facer unha grande concentración de gaiteiros. Traer os vosos instrumentos para demostrar que os gaiteiros galegos queremos defender a Fonte Gaiteira.

Logo convidámosvos a xantar no parque.
Salvemos a Fonte Gaiteira.
Unha aperta.
Nando Casal, gaiteiro.
Casal, Nando
Casal, Nando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES