Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 07 de abril de 2022
Sobre a lectura dos periódicos

Con dúas horas de antelación entrei no bar para ver o Celta-Real Madrid; e non polo partido en si, senón que, como é sábado, aínda non lera ningún xornal... ás catro e media da tarde! Iso case é un crime! A ver, ós sábados sempre compro polo menos un para lelo na aldea. Hoxe non o fixen porque sabía que non tería tempo. Ando ás Pingas de Orballo voltas coa sementeira das patacas. Como as semento á man, ou sexa, co sacho leva máis tempo e, logo, non hai ganas para ler nin para bromas.
Xa teño confesado que ler os periódicos polas tardes, para min, xa non ten aquela cousa que engancha. Eu mesmo sei que non os leo coa atención e intensidade das mañás. Non presta, non apetece. Logo, para máis aquel, nesas mañás nas que non os leo, noto como un formigueiro no estómago (mellor dito, na cabeza) por non saber canto antes o que aconteceu polo mundo adiante. Os periódicos sonme coma un virus, como unha enfermidade que só me alivia se consigo lelos polas mañás.
Agora xa os lin (desa maneira, por iso de facelo pola tarde) e sigo á espera de que empece o partido citado. Mentres non empeza, escribo. Mentres escribo, e segundo penso algunha frase ou palabra ou expresión, miro para o Levante-Vilarreal. Acaba de marcar o Levante. Cando deixe de escribir seguirei mirando para este último partido e poida que fochique no móbil (a verdade é que agora os móbiles sácannos de moitas esperas... que desesperan), ou tamén podía seguir escribindo. Non sei, quedan aínda 40 minutos que poden dar para moito.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES