Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 06 de abril de 2022
A Pitediña

Na actualidade, A Pitediña pódese dicir que é o lugar de celebración do campionato de billarda nas festas patronais de Baños de Molgas; e, tamén, o día 8 de setembro varias familias adoitan baixar a xantar baixo as sombras dos seus amieiros logo da misa e procesión no día grande das novenas dos Milagres. Pero, antigamente, A Pitediña era o último recanto das vacas logo de vir do monte Medo. Recanto de espera, Pingas de Orballo se entende. Porque, ás veces, ou ben porque chovía ou ben porque non se controlaba perfectamente a hora, tanguíanse as vacas e ó chegar á Pitediña, ben porque xa escampara, ben porque aínda era cedo, deixábase que pacesen ou simplemente esperábase a facer tempo para que fose, máis ou menos, a hora exacta para chegar ás casas. Na Pitediña e mentres esperaban, seguro que había pelexas entre elas (xuntábanse unha morea de animais) ou seguro pasmaban mirando ó ceo, porque ese recanto estaba xa máis que pacido, xa non tiñan a que fincarlle os dentes.
Tamén pola década dos 70, A Pitediña víase invadida sen xeito nin modo por ducias de caravanas que viñan pasar os meses de verán (ou días), no que hoxe se chama turismo e antigamente veraneantes. Por certo, hoxe en día, as caravanas brillan pola súa ausencia. Unha pena.
A Pitediña era tamén o primeiro lugar que recibía a forza e as labazadas das crecidas do río Arnoia e o de Tioira. As labazadas eran tan fortes que o pobre recanto quedaba patas arriba. Hoxe, por sorte, o agarre do campo que ten aguanta mellor o ímpeto da auga. Por unhas ou outras cousas, A Pitediña, para Baños de Molgas, case é tan especial como a propia burga.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES