Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Yunque ou a vangarda dos anos 30 en Lugo (II)

martes, 23 de septiembre de 2008
No seo dunha xuventude comprometida e transformadora que buscaba cambiar o mundo encóntrase a vangarda artística, literaria e política que deu lugar a Yunque. Ese grupo simbolizaba a reacción contra o conservadurismo, contra a Guerra Civil e a Ditadura, sendo en moitos casos perseguidos, torturados, desterrados e asasinados. Ánxel Fole formaba entón parte desa mocidade inconformista.

En Lugo, Yunque chega tras as iniciativas locais de ¡Ahora! e Guión ou Ronsel. En marzo de 1930 saía á luz ¡Ahora!, entendida como ‘Semanario Republicano’, baixo a dirección de Avelino López Otero. A partir do oitavo número, editado en abril de 1930, pasou a chamarse Guión para evitar a duplicidade nominal coa revista madrileña. Aí confluíron activos políticos republicanos da provincia de Lugo como Rafael de Vega Barrera, José Díaz-Villamil, etc... xunto á colaboración de intelectuais como Antón e Ramón Villar Ponte, Antón Noriega Varela, Luís Pimentel, e artistas como Ángel Johan e Luís Seoane. Xa en maio de 1931 presentouse o último número.

Os mozos máis esquerdistas decidieron facer un número de ruptura que sendo unha despedida do actual xornal supón tamén o anuncio do nacemento de Yunque, que se definía tamén como un ‘aperiódico’. Resulta significativo indicar que o primeiro editorial declaraba que ‘no nos detendremos ante nada ni nadie, por alto que se encuentre’. Sobre todo buscaban ‘a toda costa, modificar el tono conservador que se pretende imponer a la República española y timonearla definitivamente por rumbos de izquierda’, deixándose claro o transo de Guión a Yunque.

A colección completa convertiríase nunha reliquia, ao quedar oculta a raíz do fascismo. Nin sequera durante a democracia apareceu conservada en ningunha biblioteca nin arquivo de carácter público, sendo inaccesible para os estudosos da prensa literaria galega. Este feito motivou que intelectuais como Xesús Alonso Montero chegaran a dubidar da existencia dos tres primeiros números, tras facer un chamamento oficial para acadar un achádego de tal envergadura. Despois da morte en Madrid de Francisco Lamas o seu arquivo privado foi posto por Elvira M. Melián a disposición do investigador Claudio Rodríguez Fer, co consentimento do fillo do ex alcalde, Santiago Lamas. Grazas a eles conseguiu darse cos números que faltaban e ofrecer hoxe á luz a edición facsímil de Yunque. As tres primeiras entregas son un exemplo moi diferenciado das restantes, como prolongación de Guión na concepción de revista como xornal fundamentalmente político e ‘suprapartidario’.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES