Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xitanos, a inclusión social (III)

lunes, 22 de septiembre de 2008
Poden ser criticables exacerbados comportamentos diante anunciadas chegadas de familias xitanas procedentes dos guetos de Penamoa, O Vao ou o Carqueixo a determinados barrios das cidades, pero tamén é certo que un barrio veciñal non é unha ONG entregada a labores humanitarias senón un lugar de vida social onde a xente pretende vivir normalmente. Prever a irrupción de xentes procedentes da exclusión social e, polo tanto, con problemas condutuais inaxeitados, de inadaptación, desestruturación, anomias, que poden supoñer desaxustes convivencias, é normal que presenten temores a unha relación conflitiva. Pero o que os veciños, evidentemente, non poden é condear a esta xente á súa exclusión permanente sen darlles unha oportunidade sempre, claro está, que as administracións garantan a súa decidida implicación na inclusión desta etnia que posibilite a súa inserción, compartindo harmonicamente un mesmo espazo barrial, ao que teñen todo o dereito. Máis aínda, a estigmatización histórica desta etnia deu lugar a tal visión xeralizada negativa dela que as sitúa en total inferioridade de condicións fronte a sociedade paia, tanto para alugar un piso como para conseguir un traballo, conculcando a igualdade de oportunidades que todo cidadán debe ter. Por elo, neste caso, é perfectamente xustificable unha discriminación positiva relativa aos xitanos na consecución da habitabilidade de vivendas e do traballo coas conseguintes obrigacións a que iso dea lugar, pola súa parte, de vontade de adaptación aos comportamentos da colectividade, escolarización dos nenos, liberación da muller, e non tomar a xustiza pola man.

A inclusión social significa, precisamente, conseguir condutas e actitudes que posibiliten unha convivencia normalizada e isto faise formulando rigorosos programas de intervención social, con metodoloxías adecuadas, equipos técnicos (onde resulta importante a participación neles de antropólogos sociais) e contando coa colaboración de organizacións relacionadas cos xitanos (que foi da Asociación Chavós?) e veciñais. Así, como xerar espazos de relación, respecto e comprensión mutua entre paios e xitanos. Isto é perentorio e debe facerse coa continuidade necesaria para acelerar a inserción ao máximo, evitando dilacións e abandonos que vaian enrarecendo cada vez máis a convivencia e empeorando as cousas. Non se trata pois, unicamente, dun plano de erradicación do chabolismo dedicando a un par de traballadores sociais facendo o que poden, senón que debe ser un plano de inclusión social con todas as súas consecuencias e poñendo todos os medios humanos e materiais posibles para a súa efectivización.
Fálase, nalgúns sitios, como paso previo á inclusión, da instalación de módulos, onde as familias procedentes destes guetos pasen unha tempada recibindo un proceso educativo de habilidades sociais e outras formacións que as prepare para a súa inserción aos barrios que se propoñan. Isto pode cumprir pola alarma social creada en certos barrios que obrigaran á Administración a buscar unha saída tranquilizadora. E sempre poden ser utilizados para estudiar os casos, preparar os programas, comprobar métodos de traballo, tomar experiencia de actuación, etc. Pero a inclusión, soamente é posible no propio medio e aturando os problemas que en principio ela formule, pero convencidos de que si hai vontade, traballo, seguimento, e decisión, as familias xitanas insertaranse positivamente como sucedeu en outros moitos sitios de Galiza.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES