Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un non vive sen o outro

jueves, 24 de marzo de 2022
O medio urbano e máis o medio rural son complementarios.
O medio rural produce alimentos para todos.
O medio urbano produce productos manufacturados para todos.
Os alimentos son imprescindibles para a vida.
Os productos manufacturadioos tamén son necesarios.
Estamos chamados a convivir porque dependemos uns dos outros reciprocamente.

¿Por qué, entonces, hai tantas diferencias á hora de vivir nun sitio ou noutro?
¿Por qué nas ciudades hai servizos que o campo non ten?
Coido que as razóns son puramente económicas.
Onde está moi poboado, hai moitos contribuíntes que pagan os servizos.
Como no medio rural somos cada día menos, os recursos recibidos por habitante non dan para poñer os servizos que se necesitan.
O resultado é que mentres se está vivindo "en colmeas" nas ciudades, o campo está quedando despoboado.
Esa é a triste realidade.
Fálase moito da España vaciada; pero...
¿QUÉ SE FAI PARA FAVORECER OS SERVIZOS NO MEDIO RURAL?
O campo debería estar moito máis valorado nun país do primeiro mundo como é o noso.
Certo que a economía manda moito a tódolos niveis; pero a vida é máis que economía.
As persoas temos máis necesidades que as económicas.
As persoas do medio rural tamén precisamos servizos da mesma maneira que as da cidade necesitan dos productos do campo.
Se todos temos o deber de colaborar cos nosos impostos, tamén deberíamos ter dereito a a disfrutar dos servizos que hai hoxe en día.
Porque:
Todos somos necesarrios. Todos formamos un todo.
Temos un país maravilloso, rico, moi variado; pero desigualmente atendido.
Mentres non se tome conciencia a nivel nacional, de que todos somos necesarios e mentres os governos de turno non fagan un gran esforzo económico por aquelas zonas máis despoboadas; a poboación seguirá acudindo a aqueles lugares onde poida disfrutar de máis servizos.

¡NON PERMITAMOS A MORTE DO MEDIO RURAL!
Valoremos e remuneremos xustamente o traballo dos poucos labregos que aínda quedan nos nosos campos ó lono e ó ancho de todo o territorio nacional.

¿POR QUÉ IMPORTAMOS ALIMENTOS QUE PODERÍAMOS PRODUCIR AQUÍ?
¿Será por razóns de intercambio comercial?
Os países que nos consideramos do primeiro mundo, estamos consumindo alimentos que veñen do terceiro co conseguinte coste económico e, sobre todo, a contaminación que produce o transporte dos mesmos.
Podemos alegar que temos capacidade económica para paga-los portes ou razóns de intecambio comercial.

Pero a contaminación que se produce é moita e repercute negativamente na saúde das persoas.

O NOSO PLANETA ESTASE QUIXANDO A BERROS:

- Están desaparecendo moitos bosques, coa conseguinte repercusión a nivel climático e medioambiental.

- Estanse estinguindo moitas especies de animais terrestres por falta de hábitat adecuado.

- Está tendo problemas a vida nos mares, nos océanos, nos ríos e nos lagos como consecuencia da contaminación.

- Está escaseando a auga a nivel mundial.

- O aire estase facendo irrespirable nas grandes urbes, mentres quedan pobos enteiros baleiros.

- Están desaparecendo acuíferos e xa non queda neve nas montañas.

- Estanse derretendo os polos e a vida do planeta nota os seus efectos.

- A seca está facendo estragos nuns lugares mentres noutros chove torrencialmente causando moitos destragos.

Algo falla.

¿TRÁTASE DUN PROBLEMA IRREVERSIBLE?

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES