Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A espìña no corpo

lunes, 21 de marzo de 2022
A espa no corpo Todas as décadas, máis ou menos, teñen o seu aquel, aquel asunto, aquel evento, aquela actuación, aquela, por que non, guerra que se lembrará no futuro dos tempos. Esta década do 2020, en principio, non se queda atrás. É máis, ata poida que, por agora, ou polo menos na miña lembranza, quizais sexa a peor. Non saímos dunha pandemia cando estamos case metidos nunha guerra. Non saímos dunha calamidade cando estamos xa dentro dunha hecatombe, chamémoslle, alimentaria. Entre o virus, o Putin, a carestía da vida e a folga dos transportistas empezan a meter a espiña no corpo, empezan a facernos as pascuas.

O virus semella que, pouco a pouco, estamos a vencelo, aínda que, o maldito, resiste de carallo. (Que ganiñas teño de sacar este bozo que empezo a odiar). O Putin... O Putin é ese cabalo de batalla (non o de Juan Pardo) que quere parecerse a aquel Atila que, por onde pasaba o seu cabalo... xa sabedes. A carestía da vida son eses días, meses, mesmo anos nos que se ten unha soga atada ó pescozo que a causa de tirar e tirar acaba por afogar. Moitos, por desgraza, xa afogan desde o primeiro momento. E a folga dos transportistas (que teñen toda a razón do mundo) déixanos a imaxe de estantes e estantes baleiros nos supermercados, moitos máis incluso que os que quedaron naquela loucura dos primeiros días da pandemia do Covid-19.

A espìña no corpoAnte a carestía da vida e a folga dos transportistas, o Goberno colleu vacacións anticipadas porque seica ata o día 29, non están dispoñibles, seguen ociosos. Como debe ser! O cidadán de a pé que labre as leiras, que algo sairá delas.

A guerra de Putin, esa si que é o peor, pois aínda que o virus segue matando (á baixa, grazas a Deus), as bombas e os mísiles dese cabalo de batalla empezan a cobrar xa demasiadas vítimas e a deixar sen fogar a milleiros de ucraínos, a maiores daqueles miles e miles de refuxiados que, por sorte (ou por desgraza) se teñen que espallar, principalmente, por Europa adiante. Adeus ós seus fogares, ó seu país, ás súas vidas.

Esta década está deixando pegada, demasiada pegada; e iso que tan só levamos dous anos e algo con ela. E quedan para o esquecemento esas guerras e calamidades que acontecen no terceiro mundo, que, non contan, precisamente por iso, por ser do terceiro mundo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES