Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paseo por un micropaís: Mónaco

jueves, 18 de septiembre de 2008
Un territorio de dúas centas hectáreas, posuidor de institucións propias, dende concello ata monarquía, parlamento, poder xudicial, policía, catedral -con bispo incluído-, estación de tren, auditorio, estadio deportivo, un equipo de fútbol profesional, un gran premio de fórmula 1, un torneo de tenis e outro de golf. Ata hospital. Pois este pedazo de terra é un estado soberano, ubicado na Costa Azul, en pleno Mediterráneo, rodeado por Francia, que se chama Principado de Mónaco. Calquera parroquia galega ten máis extensión. De todos é coñecido este mini país. En numerosas ocasións, os medios de comunicación fanse eco das andanzas da familia real ou dos eventos que alí se celebran.

Unha xornada abonda para ver o máis destacado de Mónaco. A pesares de que un vai coa idea do glamour e do luxo, o certo é que pasear polas súas rúas tampouco provoca mareos no visitante. Non nos enganemos; estamos nun paraíso fiscal e xa sabemos o que iso significa. Ricos do mundo que levan os seus aforros para que alí llos xestionen. Que destacaríamos?. De entrada, o limpo que está todo. A presenza contínua e visible de policías. Un porto no que fondean barcos e iates que non pertencen a pobres, por suposto. Uns xardíns perfectamente coidados e adaptados ás condicións orográficas. A pesares da súa miniatura, distinguimos unha zona puramente comercial doutra máis antiga, onde se atopa o Pazo Principesco e outros edificios que acollen os distintos poderes públicos; aquí, rúas estreitiñas, construcción antigas de baixa altura, incluso, algunha casa unifamiliar con xardín. Contrasta cos barrios –La Condamine, Moneghetti e Montecarlo- onde se aprezan torres de máis de vinte pisos, pero que se ve claramente que teñen os seus anos enriba. Hai que destacar a zona nova de Fontvielle, un par de hectáreas gañadas ó mar e onde se ergueu un complexo deportivo e unha área residencial moderna.

Onde queda o luxo e o glamour…?. Repetimos que tan só foi unha xornada e de día. Mochila ó lombo, patear, uso do transporte colectivo e turístico e comer unha piza ó mediodía. Ademáis, dun par de agasallos como recordatorio. Nin comer nos restaurantes caros, nin pernoctar. E tampouco, caer na tentación de queimar as tarxetas de crédito no impoñente Casino, o verdadeiro motor económico deste -quero denomínalo así- país de deseño. Que xente se vía polas rúas…? Aparte dos turistas e currantes do máis normal, non observei modelos de pasarela nin divisei ningún famoso. As persoas que se paseaban por Mónaco, un xoves de setembro, eran correntes, eran coma nosoutros.
Sorprendeume ver tanto coche “normal”. Porches, ferraris e demáis, si os había, pero mezclándose con marcas e modelos que circulan por aquí tamén.
En definitiva, neste mundo que se fala tanto da globalización, do derrumbe de fronteiras, da unión de países e non sei de que máis cousas semellantes, aquí temos un estado independente, cun nivel de vida dos máis altos do planeta, en tan só dous quilómetros cadrados, que se percorre a pe nunhas horas.
Un voluntario para que me explique os conceptos nación, nacionalidade, estado, país, patriotismo, autodeterminación, independencia…
Prometo escoitalo con moita atención.
Veiga López-Castelo, Pablo
Veiga López-Castelo, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES