Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 15 de marzo de 2022
Querer ser e non ser

Dáme que por veces non sei quen son. Nin onde estou. Búscome e non me encontro. Póñome ante un espello e non me vexo. Tamén é verdade que hai pouco que ver. Quero cantarlle unha misa de réquiem ós meus recordos, pero están máis vivos ca nunca. E non digo xa nada dos soños. Ou das ilusións. Ou dos desexos. Tampouco Pingas de Orballo quero botarme a correr porque, seguro, non saio do sitio. É difícil e complicado querer ser e non ser.
Son o vento que racha certos dilemas que van e veñen por entre as entrañas dos meus pensamentos. E son a luz que penetra, que furga na escuridade dunha realidade pura e dura, pero que intento alumear con moito afán e máis esperanza. Son o asubío que soa por entre os piñeiros da nostalxia ou señardade. Penso que son. Pero non sei quen son.
Estou contemplando unha foto na que un sorriso vermello ilumina todo o universo. Máis seguro que ese universo tan só é o meu. Estou pendente de que certos principios se escorreguen, se escorran por un tobogán abaixo. Pero sen mancarse e sen renunciar ó seu propio pasado. Estou sen estar. Porque non me encontro. Nin me vexo. A ver se por un casual vou ser un baleiro, un cero á esquerda ou unha partícula de po que cun simple sopro me trasladan ó limbo da ignorancia.
Son o que son aínda que non sexa nada, e estarei onde cadre e esperando a que ninguén me vexa. Ás veces non hai como a soidade completa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES