Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pasarei por Lugo

martes, 15 de marzo de 2022
O vindeiro día 17 pasarei por Lugo co gallo de falar un pouco do meu libro 'Pasaba por alí' e quedei un intre no que trato de reflectir o meu pousado camiñar polo sendeiro da Canción Galega, e xa vou deixando o de Nova porque así como quen non quere a cousa xa pasaron máis de cincuenta anos. Tanto tempo podería dar para máis dun libro pero non se trata de espremer aludindo a cousas que, pensei, poderían carecer de interese. Limítome a expor episodios da miña vida relacionados coa música e a canción Pasarei por Lugogalega sen entrar en rumores, rexoubas, que habelas hóuboas e que tampouco interesan. Iso déixoo para os badueiros que non fan máis que chisnar créndose posuidores da verdade observándose con deleitación o seu inmaculado embigo.

Dentro do meu percorrido din con moita xente, algunha coa que tiven relación musical e afectiva: outra pasou de largo ao meu carón e non figura mencionada no meu relatorio porque dela non tiña, nin teño, nada que dicir.

Nunca pasara polo meu maxín escribir un libro sobre as miñas experiencias na Canción Galega. Todo xurde por casualidade como, polo miúdo, acontece con case todas as cousas da nosa vida. Cando Galaxia ponse en contacto comigo e faime a suxestión de escribir a miña historia, sentín unha mestura de satisfacción e medo. Falar dun mesmo non é nada doado e conleva ser moi coidadoso co que un di e como o di por aquilo de non ferir susceptibilidades, limitándose a narrar o acontecido sen aludir aos que trataron de poñeren paus na roda ao desenvolvemento dunha Canción Galega na que tiña que haber sitio para todos. Nesta encomenda ninguén foi mellor que ninguén e xa que logo posuidor dun protagonismo especial. Todos formamos parte, e todos puxemos graos a xeito de cancións co gallo de axudar aos que aportaban os demais para que o celeiro crecese. E logo... como di o refrán: "para gustos píntanse cores" en referencia ao adagio latino gustibus non disputadum sobre a inutilidade de pelexaren sobre as preferencias de cada un.

Estarei na Vella Cárcere acompañado de amigos que tamén pasaban por alí: Xulio Xiz, xornalista que viviu aqueles esperanzadores intres, Baldomero Iglesias (Mero) fundador dos inesquecibles "Fuxan os Ventos" e Xavier Alcalá, escritor e letrista dalgún éxito do Andrés Dobarro. E falaremos un pouco daquela historia.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES