Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Putas guerras!

lunes, 07 de marzo de 2022
Putas guerras! Cales son os malos? Cales son os bos? Para nós, os malos son os rusos e Putin. Para estes, os malos serán os ucraínos e nós, Occidente, por estar do lado dos, entendemos, bos. Pero a guerra non distingue entre bos e malos. Ou si. Porque... non sei como é, pero en practicamente todas as guerras hai máis mortes dos bos que dos malos. Non obstante, é unha auténtica calamidade que a estas alturas, en países que se di que son civilizados (como para partirse de risa), aconteza isto que está acontecendo. En plena Europa.

Nun continente no que xa houbo dúas guerras mundiais e que en cada unha delas se dixo que isto nunca máis. Pero do dito ó feito vai un treito. Ou o que é o mesmo, que as palabras lévaas o vento. E vemos que, efectivamente, o vento da Siberia é frío de carallo.

Aí atrás lin algo de que uns e outros querían pactar ceses de fogo para evacuar ós civís de Ucraína. Moi ben, paréceme moi ben; pero despois que? A onde volve esa xente? Ás ruínas? A vivir debaixo terra nos Metros, como xa están facendo? É moi triste ver as imaxes dos evacuados, por moito que os países occidentais se ofrezan a acollelos. Que a estas alturas a xente teña que fuxir dos seus fogares, deixando familias atrás que ó mellor non volverán ver máis, é como empezar a morrer xa, sen tiro ningún, sen bomba que estoure. Os evacuados son case como mortos en vida. E seguro que estarán co recordo da non tan afastada Segunda Guerra Mundial, na que, si, os nazis fixeron o que fixeron; pero cando os rusos viñeron por detrás tampouco foron uns santos liberadores. Porque nas guerras, en calquera guerra, o que ten o poder fai uso del. Pero un uso destrutivo, simplemente mortal.

Putas guerras!O derradeiro parágrafo deste Recuncho déixoo para un namorado. Porque non todo van ser guerras e desgrazas. O secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado, é un home namorado. Di que Feijoo aínda non se foi e xa o botan de menos. Iso só o di un home namorado! É que por se alguén aínda non o sabe, o noso presidente galego vaise para Madrid. Emigra. Como calquera galego. Como un fillo de veciño normal. E logo! Para que despois non se diga que só emigran os pobres, os que non teñen oportunidades. El vai ter a súa oportunidade ó fronte do Partido Popular. Marcha a instalarse a Génova. Que lle vaia bonito. A ver se el consegue parar esa guerra que tamén teñen os seus. Putas guerras!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES