Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Belén de Begonte

miércoles, 02 de marzo de 2022
Belenciño de Begonte,
extraordinario belén,
onde a fe inxenua do pobo
maniféstase tan ben,
profundamente galego,
coma ten sempre que ser.

Belén que nos emociona,
pois na electrónica ten
a forza que ó belén move
e que nos admira á vez.

Es humilde e es sinxelo.
Un pobo da Chaira es.
Labregos e pescadores,
e carpinteiros se ven,
cada un no seu traballo,
gando e pastores, tamén.
E, por suposto, os Reis magos,
e o día e o anoitecer,
e a estrela que ben os guía,
Xesús, María e Xosé.
E xa neva, e xa lostrega
neste tan cristián belén.
E sempre con novidades,
mais sempre á súa esencia fiel.
Este ano a malla do trigo,
e contra os incendios. Ben!:
Tes o corazón ben posto
e es a Galiza fiel.

Foi Miguel Anxo Araúxo,
un bispo de fonda fe,
no ano setenta e dous,
teu pregoeiro, ó nacer.
E nos corenta e seis anos
que conta o noso belén,
éme imposible citar
ós que te gabaron ben.

José Rodríguez Varela
merece non se esquecer,
xunto ó outro creador:
Domínguez Guizán, José.

Belenciño de Begonte,
extraordinario belén,
onde a fe inxenua do pobo
maniféstase tan ben,
profundamente galego,
coma ten sempre que ser.


(Este texto do poeta Xoán Xosé Fernández Abella acadou MENCIÓN DE HONRA no XLVI Certame nacional de Poesía sobre o Nadal, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén de Begonte).
Fernández Abella, Xoán Xosé
Fernández Abella, Xoán Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES