Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 25 de febrero de 2022
Tres feixes de ferraia

Erguín cedo. Ó pouco de saír o sol. Púxenlle ó burro a albarda e as angarellas e marchei para as Pedradarcas a coller tres feixes de ferraia. Entre feixe e feixe fumaba un cigarro. En cada cigarro, tusía. Mesmo semellaba que botaba os bofes ou a alma pola boca. O burro, de cando en vez, mirábame de mala maneira. Para min que Pingas de Orballoentendía perfectamente o que estaba eu a facer. Sabía que ó final tería que cargar cos tres feixes de ferraia. E por un camiño malo de solemnidade; cheo de coios e con bastante auga. Había un carreiro á beira da propia carreira, pero era tan só para as persoas.
O burro, efectivamente, nin era parvo nin tiña nada de burro. Pois cando empecei a cargar os feixes nas angarellas, a maiores de mirarme mal, moneou con certa desesperación a cabeza. Non lle fixen caso, claro. Carguei os feixes e suxeitei a carga coa reata. Puxémonos ó camiño. El colocando os pezuños con coidado por entre os coios e eu tremendo que a carga non se torcese. Non me gustaría goldrar para endereitala. A auga estaba fría porque facía tamén frío.
Pasado o mal trago, ou sexa, o mal camiño, todo foi xa coser e cantar. Ó chegar á casa liberei ó burro da carga e metín os feixes na palleira. Un deles xa o repartín polos pesebres das vacas. Cando chegase o pai con elas de arar o Outeiro Miau xa tiñan o xantar preparado. Ó burro, como non, tamén lle botei un mangado e deille a beber auga nunha pequena caldeira. A maiores deille uns carrouchiños de millo, que ben os merecía.

O Preguiceiro

Teño 62 anos e chámanme O Preguiceiro. Non digo o nome real porque a inmensa maioría da xente nin o sabe. Sempre fun O Preguiceiro. Será porque non fago nada. E teñen razón. Non fago absolutamente nada. O de absolutamente é un dicir, xa que me desprazo un pouco e como de cando en vez. Pero, polo demais, nada de nada. Sempre estou sentado e sen facer nada. Nin escribo, nin leo, nin falo, case nin pestanexo. O Pingas de Orballomotivo, non é que o saiba moi ben, aínda que desconfío que é pola sinxela razón de que me custa facer as cousas, de que son un folgazán. Sento nun balcón e penso. Sento na cociña e busco os pensamentos. Sento nun outeiro e nin tan sequera podo oulear. Sento nun banco da Deputación e tramo trangalladas políticas. Sento nas beirarrúas e quedo coa ollada perdida sobre algunhas persianas. Sento onde me peta e quedo en silencio.
E si, en cada asento, penso. Penso porque sinto. Sinto porque teño u corazón que latexa. E case sempre deixo escapar latexos de felicidade, de angustia, de medo, de carraxe. Porque de todo hai na viña do Señor. Creo que nunca caestes na capacidade dos latexos. É máis, estou por apostar que os latexos pensades que son un blum-blum, blum-blum e nada máis. Non é así. Hai latexos para dar e tomar; principalmente os descritos xa. Ás veces latexo tanto que o normal sería que levase unha man ó corazón, coa inercia esa de intentar calmalo. Pero non; a miña preguiza é tanta que non consigo mover nin un dedo. Así é que... sigo sentado e pensando tan só.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES