Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pepita e o maquinista

viernes, 12 de septiembre de 2008
Onte pola tarde estaba eu moi tranquilo paseando pola muralla cando me atopei co meu amigo Valentín que viña en sentido contrario; saudámonos e estivemos charlando un anaquiño. Díxome se o acompañaba e así poderiamos charlar máis tempo.

Aceptei porque eu son así e contoume o que lles vou relatar agora. Velaí:
-Sabías que Pepita tivo un balbordo co marido -dixo Valentín.
Díxenlle que non. E como o ía saber se eu non vira a Pepita!
-¿E logo que lles pasou? -quixen saber.
-Pois ela tivo que madrugar máis da conta para ir ao hospital mirarse a raios e preguntoulle ao marido se a levaba no coche, pois ela non ten carné.
-E levouna?
-Non, o marido díxolle que non ía facer de taxista. Entón ela saíu da casa moi cabreada. El foi tras dela dicíndolle que cambiara de idea e que a levaba. “Penseino mellor e lévote!”, díxolle, pero ela estaba moi alporizada e non quixo. “Agora non fai falla que me leves, ben sei ir soa”, e liscou.
-Entón foi andando -dixen eu.
-Non, foi até a estación do tren, que lle quedaba preto, para pillar un taxi pero non había ningún. “Vaia”, dixo ela, “e din que ó que madruga Deus lle axuda”. E velaí que ao seu carón pasaba o maquinista do tren, oíuna queixarse e díxolle: “Señora vostede ten algún problema?” E Pepita contoulle que non había un taxi preto e facíaselle moi tarde para ir ó hospital. “Teño que ir ao hospital facerme unhas placas e se non chego a tempo non me atenden e mándanme volver dentro de quince anos e xa levo dez esperando”, dixo. “De ningunha maneira señora”, díxolle o bo do maquinista. “Non lle vai ocorrer nada diso, vostede chega a tempo como me chamo Marcelino, veña comigo”. Pepita foi con el pensando que a ía levar no coche e velaí que lle mandou montar no tren. “Pero se o hospital é aquí en Lugo, non na Coruña”, díxolle Pepita. “Xa o supoño señora”, contestoulle o maquinista, “Vostede suba ao tren”. Pepita obedeceuno e o maquinista puxo o tren en marcha. Saíu da estación cara a Santo Domingo, parou nun semáforo, detívose un intre fronte ao Hotel Méndez Núñez para deixar un turista, viaxou por algunhas rúas, deulle a volta á muralla, torceu cara a Fonte dos Ranchos, logo outra vez á dereita cara ao hospital, e ao chegar díxolle o maquinista: “Xa chegamos señora. A tempo para os raios, xa lle dixen que a ía traer”. “Que Deus llo pague”, díxolle Pepita moi contenta.

-E, como puido chegar até o hospital co tren? -pregunteille eu ao meu amigo Valentín.
-Pois non cho sei, só que polo visto di o alcalde que as rúas están feitas unha merda dende que o tren levou a Pepita ao hospital, e non as arranxa porque di que as ten que arranxar a Renfe e non o Concello.

Pois si que pasan cousas raras nesta cidade...
Piñeiro González, Vicente
Piñeiro González, Vicente


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES