Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'A crueldade ten rostro humano'

viernes, 25 de febrero de 2022
Sucedeu en Canadá, país xigante, rico e amable, abrindo a veda para a caza da foca. En realidade, para a matanza de crías de foca. A súa pel é máis suave, o seu pelo máis quente, a materia prima máis cotizada. Un produto de peletería moi caro.

Pódense ver as imaxes estes días nas televisións. Cazadores armados cunha especie de bate de béisbol abaten as crías que os miran con ollos redondos de inocencia e curiosidade.

Logo ven o escándalo do sangue de cor vermella e quente cravándose no lenzo frío e branco da neve. A breve agonía dos inocentes. A continuación esfolan ós animais onde aínda late a vida. Cos corpos vivos, aínda quentes, é máis fácil arrincar a pel. E máis barato.

"O vestido humano é de ferro forxado"

Os números son arrepiantes. Unhas trescentas vintecinco mil (325.000) crías de foca asasinadas. E con moi 'boas' razóns. Din que son moitas. E comen peixe. Bacallao. É dicir, compiten pola comida coa especie humana, a máis voraz, a máis depredadora, a que está esquilmando por sobreexplotación a vida no planeta. A que come ata fartar e aínda segue comendo. Marco Ferreri en "A gran paparota" mostra que somos ben capaces de comer ata morrer.

E hai moi boas razóns comerciais para a matanza. A pel de foca é cara. Os abrigos de pel de bebé de foca son moi cobizados. Centos de miles de cadáveres alimentan cada tempada cinexética a fastuosa industria da pel. Pel de bebé foca para vestir a desnuda pel humana. A morte dunha especie veciña para quentar a nosa comodidade, para acariñar o noso benestar.

"O terror ten a divina forma humana"

O espectáculo é cruel e primitivo. Razóase que tantas focas poñen en perigo os bancos de bacallao. En realidade o que periga son os "nosos bancos de bacallao". Focas e peixes conviviron dende hai millóns de anos nun delicado equilibrio natural. Ata que o poderoso bípedo humano, letal, intelixente, insaciable inclinou o prato da balanza. Cara á nosa mesa. Onde os bebés de foca, quentes, sedosos e suaves son os perdedores. Santos inocentes sen dereito a vivir.

Por iso William Blake escribiu este poema. Aínda que con seguridade xamais viu unha foca. Tampouco escribiu estes versos -mazazos no cráneo das crías indefensas- como epitafio cruel dun asasinato. Nun país rico, amable e civilizado.

"E o corazón humano é a súa voraz garganta"
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES