Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un voto de confianza

jueves, 17 de febrero de 2022
O día a día non é fácil para persoas en cadeira de rodas ou con mobilidade reducida. Accións tan cotiáns como tirar o lixo chegan a converterse nun problema. Semella que teño especial interese en "remover" nel porque perdín a conta das veces que abordei o tema. A modo de exemplo: no 2018 escribín algo sobre os colectores, na última Un voto de confianzareunión cos "alcaldables" curiosamente un dos participantes na mesa lembroume que xa presentara a reivindicación no 2011 e, máis recentemente, tiven unha conversa telefónica. Van máis de dez anos de loita.

Estes días aparecía na prensa que se vai adxudicar o servizo de limpeza do Concello. Fácil imaxinar que lin a noticia con esperanza, pero non atopei nada relacionado coa "accesibilidade". Será que se dá por feito e só se comentan outras novidades? Ao parecer a nova concesionaria debe renovar a totalidade dos colectores. Contemplará esa renovación o "deseño para todos"? Quero pensar que se van cumprir as condicións básicas de non discriminación e garantir a igualdade de oportunidades. Non esquezamos que hai colectores inclusivos nos que se compaxina deseño moderno e accesible incluso con aclaracións en braille. Aínda con estas dúbidas de fondo, vaia o meu voto de confianza.

Abundan iniciativas doutros Concellos como que van incrementando o número ata completar a totalidade, que se instalan segundo as necesidades detectadas, que se atenden solicitudes individuais ou de asociacións, que deberán quedar situados o máis cerca posible das beirarrúas para non dificultar o acceso... Ata hai plans para colocalos en plataformas eliminando así o espazo que pode variar entre o colector e o bordo. En resume, consideran que son medidas necesarias para facilitar a vida dos seus cidadáns.
Espero que moi pronto Lugo figure nese listado de Concellos que levan por bandeira ter presentes a todos os seus veciños e veciñas. Trátase de facilitar a independencia sen necesidade de terceiras persoas e favorecer ao máximo a accesibilidade como elemento fundamental da calidade de vida en xeral. Reitero o voto de confianza esperando se contemple como obxectivo a autonomía das persoas para acadar unha inclusión máis efectiva. Unha vez máis fago presente un lema do XXV aniversario de Auxilia que tanto se fai de rogar: "Por un Lugo sen barreiras"!
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES