Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñece o Programa Sénior da UNED A Coruña

lunes, 14 de febrero de 2022
Que é a UNED Sénior?
A UNED Sénior do Centro Asociado da Coruña é un programa formativo que pretende favorecer o dereito á educación dos maiores no rural. Unha oportunidade para seguir aprendendo, para potenciar a capacidade dos maiores, en definitiva para poñer en marcha na Universidade o que se chama "Envejecimiento Activo".

A flexibilidad da súa estrutura académica, convive coa necesidade de presencialidad dos seus alumnos. É por isto que o resultado son propostas dinámicas, activas e participativas. En definitva, son actividades pensadas, creadas e adaptadas a maiores do rural.
Coñece o Programa Sénior da UNED A Coruña
Que aporta?
Un espazo universitario propio.

Un lugar de encontro onde intercambiar coñecementos e experiencias.

Un itinerario flexible, adaptado ás necesidades de cada estudante.

Unha orientación personalizada.

Formación próxima ao seu lugar de residencia.

Acceso ás Tecnoloxías da Información e Comunicación.

A quen vai dirixido?
A UNED-Sénior diríxese ás persoas maiores de 55 anos, con independencia da formación académica que posúan, interesadas en enriquecer os seus coñecementos.

Cales son os seus principais obxectivos?
Ofrecer formación en temáticas que interesan ás persoas de máis de 55 anos, co fin de mellorar a súa calidade de vida.

Proporcionar coñecementos, aprendizaxes e estratexias para o desenvolvemento integral e a autonomía persoal.

Favorecer a comunicación a través das relacións interpersonales e do encontro intergeneracional.

Proporcionar todos aqueles elementos necesarios para un mellor coñecemento da contorna cultural.

Como é a súa metodoloxía de traballo?
A UNED Sénior se imparte presencialmente. A metodoloxía céntrase nas características específicas da forma de aprender dos participantes, tendo en conta os seguintes aspectos:

A UNED Sénior asume que as persoas non aprenden só a partir do ensino, senón tamén da experiencia.

Os métodos educativos apoiaranse no tecido dinamizador que ofrecen as potencialidades persoais e na experiencia persoal e laboral dos participantes.

En cada asignatura identifícanse os centros de interese, tendo en conta as motivaciones e necesidades dos participantes.

Se fomentarán as actividades culturais.

Organismos colaboradores da UNED Sénior A Coruña
Concello da Baña
Concello de Boiro
Concello de Brión
Concello de Serra de Outes
Concello de Porto do Son
Concello de Padrón
Concello de Aranga
Concello de Guitiriz
Concello de Xermade
Concello de Irixoa
Concello de Paderne
Concello de Monfero
Concello de Rianxo
Concello de Lousame

Queres ser sé? Cúal é o primeiro paso para dar a coñecer o teu interese en participar como Concello ou Asociación?
É necesario establecer un primeiro contacto entre o municipio interesado ou Asociación, co equipo directivo do Centro Asociado da UNED na Coruña.
Teléfono da Secretaría: 981 14 50 51.

Posteriormente, a dirección do Centro Asociado realizará unha visita -a modo de supervisión- das instalacións habilitadas por parte do municipio ou Asociación.

Unha vez de acordo as partes, asinarase un Convenio de colaboración.

Cales son algúns dos requisitos materiais que se deben cumprir para ser sé sénior?

Dispoñer de aulas adecuadas para fins académicos.

Dotación de medios técnicos adecuados para esta finalidade (equipos informáticos, proyectores, pantallas, etc.).

Quen será a persoa resposable da sé?
Nomearase un delegado de zona, que desempeñe funcións de enlace co coordinador do programa Sénior na UNED A Coruña, a dirección do Centro Asociado, os alumnos e profesores da zona.

Este delegado deberá velar por unha xestión eficaz do programa.

Publicado por Centro Asociado UNED A Coruña
http://seniorunedacoruna.blogspot.com.es/

Luis Ángel Rodríguez Patiño, crego de Xestoso e coordinador da Uned Senior de Coruña.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES