Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 10 de febrero de 2022
Uns soños moi raros

Soño con fotos nas que non vexo nada. Tan só unha cor. E vexo fotos brancas, fotos negras e laranxas e verdes e azuis e de todas as cores. Non vexo ningunha figura, ningunha árbore, ningún obxecto, ningunha rosa, ningunha rula, nada. No mesmo soño ata me digo que iso non é un soño, que é máis ben un pesadelo. E sigo soñando en que Pingas de Orballo por que non podía ser como Superman, por exemplo. Polo menos podía voar ou ver máis alá do escondido, do prohibido. Pero non, sigo soñando con fotos baleiras de contido.
Eu ben sei que por veces teño soños raros. Unha vez soñei que facía natación sobre as gallas dun castiñeiro, aínda que eu pensaba que era un carabllo. Mesmo cheguei a ir ó lugar no que estaba situado a árbore para ver se ó seu arredor había algo de auga, ou algo que levase ou acumulase auga: un río, un regato, unha poza, unha fonte, unha lagoa, un simple charco. E nada, non había nada.
Ós sete días xustos estábame duchando no deserto do Sáhara. A auga procedía dunha pequena e única nube que había no ceo africano. Era tan pequena que as pingas de auga tan só abarcaban un metro ó meu arredor. Co asunto da ducha xa alucinei máis alá do soño; ou mellor dito, xa se superpuxo outro soño: o das fotos. Vía como estas se mollaban e, ó mollarse, entón si aparecían cousas: un sorriso inmaculado, un bosque frondoso, un vestido azul, un suxeitador roxo, unha persiana subida e tamén baixada, unha rosa nun testo ou maceta. Uns soños moi raros.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES