Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

PEQUENA ANTOLOXÍA COMENTADA DAS MÁIS REQUINTADAS FLAGRANCIAS, MACHADAS E DESPROPÓSITOS HABIDOS CON OCASIÓN DO NAUFRAXIO DO PETROLEIRO 'PRESTIGE'

lunes, 13 de enero de 2003
PEQUENA ANTOLOXA COMENTADA DAS MIS REQUINTADAS FLAGRANCIAS, MACHADAS E DESPROPSITOS HABIDOS CON OCASIN DO NAUFRAXIO DO PETROLEIRO 'PRESTIGE' PEQUENA ANTOLOXA COMENTADA DAS MIS REQUINTADAS FLAGRANCIAS, MACHADAS E DESPROPSITOS HABIDOS CON OCASIN DO NAUFRAXIO DO PETROLEIRO 'PRESTIGE' LIMIAR
Imposibilitado eu xa para recoller chapapote pero permanentemente en vilo, querría, agora que xa é imposible entorpecer máis a suspicaz sensibilidade do goberno central, adicarlle estas miñas vixilias ó serenísimo señor Aznar que, manténdose impavidamente ó marxe, sempre soubo estar no "seu sitio".
Con máis lei, toda a miña simpatía pros mariñeiros e voluntarios –algúns deles alumnos meus en Madrid-, galegos todos por un tempo e que, quizá sen sabelo, limparon en Galicia algo máis co chapapote.
A natureza esencialmente absurda dos feitos producen na antoloxía unha especie de humor que non é meu.
Por si o P.P. atribuírame avesas intencións electoralistas -como é a súa costume-, declárome aquí "pobo"; é dicir, persoa que -inda que con algunhas ideas- síntese totalmente incapaz de aceptar ningún corsé ideolóxico nin institucional; e máis se son birollos.
Case tódolos textos da "antoloxía" foron tomados de grabacións feitas a CNN+.

PAUTAS PARA UNHA HERMENÉUTICA DO CASO
Non hai que ter medo. O pensamento é un don de Dios e a democracia unha ideoloxía ben considerada -tal coma atestiguanno tantos e tantos mortos e tantas e tantas comprensivas sentencias e terceiros grados- Acóllome polo tanto eu tamén a estes beneficios.
Adianto pois unha serie de supostos que facilitarán a lectura do florilexio este:
Gobernar non é só cousa do executivo; é tamén responsabilidade dunha oposición que -precisamente- debía "opoñerse".

Cando unha cornisa cae sobre a xente, de pouco aproveita discutir logo o mellor ou peor traballo de bombeiros e funerarias; a verdadeira cuestión era só a cornisa ¿por qué pois a penas se fala agora desta "mai de tódolos problemas", da retrospectiva e imprescritible responsabilidade dos transportes petroleiros da que, moi por encima de calquera outra cousa, inda son acredores tódolos políticos? Sobre semellante esquezo e impunidade non se pode construír futuro algún.

A utilísima verdade de que nós, o pobo -esa dobre víctima do petróleo e do pelotilleo demagóxico- tamén calamos máis da conta cando inda era tempo e agora, despois de ter que reinventar un Estado pingoso e desesperado, inda deixámonos enganar de novo coa coba dos depredadores.

Para ignorar o perigo certo dos transportes monocascos non se requiren especiais dotes intelectuais; soamente estupidez, tontería adrede.

Unha vez máis, o capital móstranos aquí a súa insubornable compoñente asasina.

O de Galicia non é unha catástrofe ecolóxica senón total. Inda mellor, unha hecatombe -o pagán sacrificio ese que sempre rematamos rendéndolle as divindades políticas-, un cataclismo -no seu máis propio senso etimolóxico e actual-. Mais, o peor inda está por vir.

Cando nestas condicións tódalas partes discuten só de "bombeiros", seguramente están ocultando tácita e colexiadamente aquela outra súa común e básica culpabilidade.

Se os co-rresponsables defendéranse numantinamente, estaríamos xa ante unha flagrancia xenuína, ante un posible delicto -¡moito debe desprezarnos quen tan miseramente aduce!-

Non hai maior demagoxia que a que se imputa
O que minte no pouco minte no moito.
En política, non hai mentira pequena.
Mentir é traizoar.
A mentira deslexitimiza a representatividade, o poder
O mentireiro non prescribe.
Aventurar novas é mentir

Por moita cara que se lle bote ó asunto, a rebelión de Galicia o outro día non foi socialista nin só cotra o PP. Foi simplemente civil, antiinstitucional.

Repartíndose tacitamente violentos papeis antagónicos, os nosos grandes dinosauros políticos van ocultando así a súa propia culpa común, aturdindo ós antagonistas verdadeiros.

Un dos máis perigosos vertidos que Galicia podería recibir sería a impracticabilidade da súa cultura. Coma dicía Beiras antonte na CNN+, inda que aquí non haxa agora nin goberno nin Estado, Galicia existe e por eso foi capaz de organizarse espontaneamente na catástrofe -non de improvisarse-. É esta unha das máis estremecedoras probas de existencia que nunca tiñamos recibido.

O propósito deste "florilexio" é facer que as cousas se expliquen por se mesmas. Inda que uns e outros defendensen coma gatos panza arriba, poucas ocasións tan útiles e doadas como esta para sorprender mandatarios co cu ó aire. Esta crítica non se refire pois ó pasado senón ó futuro; en realidade, é o útil e crudo prognóstico dunha enfermidade que non tiñamos diagnosticada; de aí a súa utilidade.

ANTOLOXÍA
A auga dos fondos mariños está xa cerca do punto de conxelación –dicía un periodista.
(Este sí que é un verdadeiro "caso anómalo da auga" e non a carallada esa que nos ensinan en Física).

As baixas temperaturas do fondo do mar producirán probablemente a conxelación do fuel, dicía un experto en tódalas ramas do descoñecemento. (¿Fuel? ¿conxelación? Pero¿quen dice estas cousas?)

Desditadamente, os aires sopran sobre a mancha de Oms en dirección Sudoeste; o sea, deica as Rías Baixas -dicía unha periodista.
(Pero ¿a onde se levaron as Rías Baixas?, ¿Onde vai Galicia?)

O Servicio "Meterolóxico" Nacional -engadía outro- informa que é probable a caída nas próximas horas de máis de vinte metros por litro cadrado
(Cousa que, inda que algo estraña, aquí ben puidera ser)

Estas son as cousas que ten o mar- dicía Fraga con exemplar resignación

Cuando yo vaya a Galicia iré con los deberes hechos –dicía tamén Aznar en contraste cos zánganos estudiantes eses que, deixándose todo a medio facer na universidade, viñéronno a facelo aquí.

Algúns viñeron aquí de cacería pero para eso hai que ter mellor puntería porque vostede a min, como cazador, non me vai cazar (CNN+) –curioso pundonor de venado record este de Fraga fronte a Touriño, no Parladoiro, porque, coma tivo que confesar logo sobre o asunto ese da cazata, o Touriño, inda que pésimo tirador, acertoulle a primeira. E agora ¿onde se van meter todo esto os seus exculpadores, o Arenas, o Cascos, o Trillo, o Arias Cañete, etc,etc.? Seguro que lles cabe en calquera sitio. Pero xa dicíamos antes que afirmar cousas que non se saben é mentir; é fracasar.

El Sr.Touriño ya puede ir retirando sus acusaciones porque la mentira, cuando se usa como arma ofensiva suele volverse contra el que la maneja, dixo tamén con este motivo o Arenas -torva metáfora búmerang esta que, por certo, agora só lle pode servir a el mesmo-.

Las especulaciones sobre lo que han realizado los responsables políticos los fines de semana no contribuyen ni al sosiego ni al respeto (CNN+) -dixo moi entonadamente o Sr. Trillo.
(E dicir que o importante é estar sosegados e respectuosos, e non facer o energúmeno coma os nosos pescadores e os voluntarios foráneos eses. Por outra parte, é cousa sabida que, con vertidos e sen eles, sen respecto non se pode facer nada; nin sequera respectar).

Esta non vai ser unha catástrofe política –dicía tamén Fraga, rosmando logo polo baixo: por máis que se empeñen algúns dos que xa nos ocuparemos.

El señor Alvarez Cascos trabaja extraordinariamente y es de los ministros que más ha trabajado en la Historia de España y luego con respecto a lo que hace un día o medio día de descanso no tengo nada que opinar (CNN+) - capote cheo de buratos este que o historiador Arenas emprestoulle tamén a Cascos e segun o cal, inda en caso de emerxencia, os ministros poden facer coas súas horas libres o que lles pete, sobre todo si, como neste caso, son xente acreditadamente traballadora (¡coño co remoquete cumpridor ese do PP! É coma si non souberan facer outra cousa!).

Nunca hemos ido de redentores por la vida, y como nunca hemos ido de redentores por la vida, pues a mi no me cuesta ningún trabajo reconocer que no somos perfectos. No tengo ningún inconveniente en explicitarlo porque además, señorías, en estos temas de la seguridad y en concreto de la seguridad maritima, repito, en todos los temas de la seguridad y en particular en este, no hay fórmulas matemáticas ni dogmas indiscutibles y el que diga lo contrario pues está dibujando un mundo utópico o un mundo irreal. En este campo se funciona siempre por el método de la prueba/error -contestou o ministro de Fomento Sr. Cascos a unha interpelación sobre a súa ausencia en Serra Nevada.
(O sexa que, ó revés do que faríamos os demais mortais, el recoñece abertamente que non é un redentor e que tampouco é perfecto; o que, en aras de tanta franqueza e humildade, sírvelle para discolpar o mesmo tempo a súa mendacidad e a súa neglixencia. Despois eu xa me perdo un pouco pero teño a sensación de que todo é producto dalgunha lectura efectivamente "imperfecta" ou quizais da súa persoal experiencia de proba /error co Prestige).

Que lo lleven al quinto pino- ordenou ó desenvolto Sr. Cascos cando xente de tanta solvencia físico-química coma varios Directores Generales e Prácticos de portos decidiron non dar acubillo ó Prestige.
(E logo, varios días xogando todo dios o pim-pam-pum co Rajoy por conta desto)

Ana del Palacio, interpelada en Barcelona o día en que empezaron a aparecer os segundos vertidos, co ese o seu atolondramento de colexiala en apuros, contestou: No sé nada de eso; más bien sé todo lo contrario.

Afortunadamente la rápida intervención de las autoridades españolas alejando el barco de las costas hace que no temamos una catástrofe como ha sucedido en otras ocasiones ni prevemos grandes problemas en las aguas españolas ni para los recursos pesqueros –dixo solemnemente e co acerto de sempre Arias Cañate, tirando así pola borda toda a autoridade que tan traballosamente téñanlle conseguido as súas barbas (16-XI).

Eso no es una verdadera marea negra, piense Vd. que...bla, bla, bla....-contestáballe pedagóxica e pacientemente Rajoy a un periodista que, polo visto, nin tiña claros os conceptos do emporcamento que vía, nin tampouco os intringulis da filoloxía románica.
(cousas dos eufemismos).

Se ha conseguido que el vertido suponga la menor amenaza posible para las costas gallegas- afirmou Aznar o día 16-XI-2002.
(O clamoroso feito de que o goberno non conseguiu nada pero inda moito menos atenuar unha ameaza que descoñecía, fai dista afirmación unha das máis paveras pezas mestras do cinismo de Estado).
O día 5-XII, xa en plena voráxine, Aznar seguía insistíndolle o desleal Zapatero: el gobierno está haciendo mucho y lo está haciendo bien (CNN+), Señoría.
(entre tanto, o Prestige "afastado e só", coma diría Machado).

Aunque las consecuencias podrían haber sido dramáticas, las cosas han salido razonablemente bien- comentaba tamén Rajoy un día co aplomo gramatical e a moderación cidadá que tanto se lle está celebrando (16-11-2002).

¡¡¡Muuu!!!- dixo en canto chegou a Galicia o Sr.Zapatero. Dende logo nono dixo tan claro pero un, a forza de tempo, xa vai enterándose. Pero o que non dixo foi ningunha tontería.
Comprendo la indignación de la gente y estoy dispuesto a manifestarme con ella - dicía un día Aznar con certo despiste de contra quen tiña que manifestarse.

¡Eses golfos que así están atravesando os mares: é indignante! – di agora unha Loyola del Palacio, moi tallante e recomponedora ela. Resulta case cínico que non se lembre de que sendo ela ministra do ramo nunca fixo xesto algún cara este grave perigo; de que ela mesma é unha catástrofe retrospectiva e imprescritible. Mais, ben está o que ben acaba.
(Hai que comprender nembargante que o morixerado calibre dos seus insultos é debido a especialísima circunstancia de non poder chamar as cousas por seu nome)

Es posible que hayamos llegado tarde a determinadas situaciones pero lo hemos intentado corregir inmediatamente; es posible que hayamos tomado alguna decisión equivocada pero si nos hemos percatado de ello pues hemos intentado corregirla y la hemos corregido; es posible que en una playa determinada algún día hayan faltado algunos medios pero al día siguiente tenían los medios necesarios; es decir, es posible que hayamos cometido equivocaciones pero créanme que hemos hecho todo el esfuerzo humanamente posible para afrontar una tragedia y una catástrofe que nunca habíamos conocido practicamente en la vida de nuestro pais, díxonos Aznar o día 9 a traveso da Televisión Española. No referente a posibilidade dun terceiro vertido, engadiu que, dende unha serea preocupación, había que estar preparados para todo. Polo demais, sigue insistindo en que se está facendo un esforzo permanente con resultados favorables no mar e nas prayas.
(É dicir, é posible -pero inda non seguro- que tiña habido erros e desabastecementos na maior catástrofe da nosa historia pero, como todos sabemos, excepto no caso dos futuros vertidos, xa está todo arregoado -efectivamente, no prazo record dun mes, co Prestige escarallándose nos abismos e en plena posesión de toda a serenidade do Mundo, o goberno empezou xa a enviar ós nosos mercenarios e creou un comité científico de asesoramento baixo a alta coordinación dun señor que ó mellor non fixo outra cousa en toda a súa vida. Xa só queda por convocar as moi impertinentes representacións xenerais do pobo, por si se lles ocorre algo –que non creo-, e tamén, canto antes, mandar a unha serie de ministros e conselleiros a cazar perdices para que así podan protexer mellor a súa ameazada liberdade democrática. E, mentres o Prestige mexa fuel, hai que dicir que é plastilina).

Este diálogo / según mi opinión / e un diálogo / que carece / de sentido, / que carece / de sentido -dicía un Arenas huidizo rexeitando a integración no esforzo de tódolos partidos, coma solicitaba Zapatero- otra cosa bien distinta es que el partido socialista desde el primer momento o en algún momento, aun está a tiempo, pues pase a una situación constructiva.
(A proposta de integración de tódolos esforzos políticos españois non foi para Aznar nin para Arenas garantía de que "Zapatero fora a adicarse efectivamente os seus zapatos").

A nadie con sentido de la responsabilidad se le puede ocurrir aprovechar una catástrofe de este tipo para obtener ventajas políticas, para obtener rentabilidades electorales: eso es un error. No se pueden poner palos en las rueda de todos los que están ayudando a solventar esa situación o intentando solventar esa situación. -continuou dicindo o Presidente.
(Ó non haber inda chegado o P.P. ó chapapote e ter ademais bastantes altos responsables en paro, eso dos paos nas rodas resulta pouco creible. Ademais, nestas súas condicións de clamorosos desacerto, arrogancia, mendacidade e numantismo, coido que unha oposición crítica e clara, inda que teña cara de fame electoralista, dificilmente podería ser máis oportuna).

Para lo único que no se puede utilizar esta catástrofe es para coger la pala e intentar con ella agredir a los demás o para intentar recocer votos sencillamente sobre la base del oportunismo y de la demagoxia. No lo hicimos nosotros y no lo ha hecho nadie en casos similares, ni en USA, ni en Francia ni aquí en España. Nunca nadie hizo lo que aquí está haciendo la oposición socialista, nunca, dixo tamén Aznar.
(Probablemente; pero o outro día vin pola televisión a uns mariñeiros con cara de "poucos demagogos" perseguindo cunha pala ou algo así ó Presidente dunha Deputación galega que, inda que cambaleándose, non soltou o paraugas nin pa Dios -como si fora da maioría parlamentaria-).

RESUMEN
O chapapote non tiñamos por qué habelo parado no mar antes de que chegara as costas; había que habelo parado antes de que chegara ós barcos miserentos e as súas rutas criminais. E, aínda máis, había que habelo parado nós políticos, que permitiron todo esto. Non é esta unha afirmación a toro pasado; a posibilidade de abondosos vertidos materiais é ideolóxicos baixo a incompetente mirada dos nosos representantes era i é cousa ben sabida por todos. Pero esta misteriosa, contumaz e mutante imprevisibilida inda está viva. Pode que ela mesma, baixo o escandaloso disimulo dunha pura loita partidista, sexa o noso máis desbastador vertido.
Tal semella ser sustancialmente a conclusión que se pode tirar desta mínima antoloxía do disparate.
Unha cousa si é segura: A espontánea organización -non improvisación- do noso pobo cara a emerxencia supliu largamente ás ausencias dos nosos Goberno e Estado convencionais. Por se alguén ten algunha dúbida, presenciamos pois unha estremecedora verificación: GALICIA, ELA SOIA, EXISTE.
O que temos que facer agora deseguida e limpar tamén amorosamente, imparablemente, galegamente, para sempre, eses infestados litorais ideolóxicos nosos que dan ó océano do Home.

10 de Decembro do 2002
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES