Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (2)

miércoles, 09 de febrero de 2022
Trazos históricos e artísticos sobre o Santuario
Nos seus inicios, o santuario dos Remedios foi unha ermida construída na Pena do Outeiro polo bispo de Mondoñedo D. Fray Francisco de Santa María Benavides a mediados do século XVI. Este prelado pasaba unha escritura perante Fernán Marques, o 13 de decembro de 1558, na que outorgaba a devandita ermida, unha casa e herdades que se encontraban contiguas, dúas eguas e un rocin castano escuro.

Tralas reedificacións levadas a cabo polos bispos D. Francisco de Torre y Grijalva (1658) e D. Manuel Navarrete Ladrón de Guevara (primeiro decenio do século XVIII), o edificio actual construíuno o importante bispo D. Fray Alejandro Sarmiento de Sotomayor no segundo cuarto do século XVIII.

No ano 1938, con motivo de celebrarse o segundo centenario da reedificación do santuario polo bispo Sarmiento, a Corporación municipal a instancias do Alcalde, tomou o acordo de asistir dun xeito perpetuo á misa solemne e á procesión o día da festividade da Virxen, e, ademais contribuir ao sostemento de dous lámpadas votivas para lucir de modo continuo perante á Virxe. Ademais, acordouse que o Alcalde, no nome da vila, realízase unha ofrenda de 380 pesetas, acordándose proclamar á Virxe dos Remedios "Patrona do Excmo. Concello de Mondoñedo".
Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (2)
Por outra banda, e tendo en conta a devoción que se profesa á patroa de Mondoñedo en todo o territorio a que alcanzaba a antiga provincia de Mondoñedo e na xurisdicción que se extende a actual diócese, acordan xestionar dos concellos de Ferrol, Ortigueira, Ribadeo, Vilalba e Viveiro, a súa adhesión aos dous primeiros acordos da Corporación municipal mindoniense, levando a cabo cada un dos citados concellos a ofrenda de cen pesetas. As corporacións das cidades e vilas mencionadas aproban a proposta, adheríndose á iniciativa do concello mindoniense. Dende aquela data celébrase no santuario dos Remedios a ofrenda á advocación mariana, que é iniciada polo concello de Mondoñedo no ano devandito, e, logo, polos outros concellos seguindo unha rigurosa orde alfabética. Polo tanto, a festa da patroa adquire un importante esplendor, xa que, acompañando á Corporación municipal, encargada de realizar a ofrenda, adoitan acudir numerosos fieis, así como as primeiras autoridades civís, eclesiásticas e militares da capital da provincia. Esta iniciativa levada a cabo polo concello mindoniense goza dun decidido apoio do entón bispo de Mondoñedo D. Benxamín de Arriba y Castro.

D. Fernando Quiroga Palacios, bispo de Mondoñedo acadou que o papa Pío XII, no ano 1949, declarase á Virxe dos Remedios, patroa da cidade de Mondoñedo e de toda a diócese. O insigne doctor D. Fernando Quiroga quere comunicar ao pobo mindoniense tan grato evento. Así, o domingo día 9 de setembro, oficia un solemne Te Deum no santuario dos Remedios, ao que asisten o Ilmo. Cabildo; o excmo. Concello; as autoridades, o Seminario Santa Catalina, as organizacions de Acción Católica; a confraría dos Remedios mailas asociacións piedosas, as parroquias de Santiago e Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (2)           Carmen con cruz alzada e numerosos fieis, que ocuparon tanto o amplo templo, como o adro e gran parte da alameda dos Remedios. Neste oficio relixioso sube ao púlpito o doctor Fernando Quiroga Palacios, quen dando conta do rescripto pontificio, pronuncia unha fermosa plática na que exalta o fervor da diócese de cara á Virxe dos Remedios e fai alusión aos seus antecesores que tanto se adicaron a este santuario.

Non embargantes a grande homenaxe á Virxe dos Remedios vaina a promover D. Fernando cando acada a súa Coroación Canónica no ano 1954, data na que xa era arzobispo de Santiago de Compostela e rexía a sé mindoniense D. Mariano Vega Mestre.

O santuario dos Remedios está situado na igrexa parroquial do mesmo nome. Presenta unha forma de cruz latina mais tan pouco pronunciada que case parece grega. As naves, os brazos do cruceiro e a capela maior se cubren con bóvedas de canon, sendo moi orixinal a disposición do transepto que forma un octógono de catro lados máis grandes e outros catro máis pequenos.

A fachada principal amosa dous corpos con pilastras e tamén a seguinte inscricións na que se lee: Esta capilla se principio en el mes de junio de 1733 y se acabó en junio de 1738, siendo obispo y Sr. de Mondoñedo, Dn. F. Ant. Alexadro Sarmiento de Sotomayor.

En canto aos retábulos que encontramos no seu interior, distinguimos o retábulo maior, de éstilo barroco. O seu dorado se contrató no ano 1745. Mostra dous corpos, con camarín e no seu interior a Inmaculada de importante talla e estofado; outro camarín coa imaxen dos Remedios e, por riba, a Asunción da Virxe. No segundo corpo, se amosan as imaxes de San Ildefonso e San Anselmo, e no primeiro, San Bernardo e San Ruperto. Tódalas imaxes estan estofadas.

No transepto, hai catro retábulos: dous de estilo barroco e dous de estilo rococó. Todos eles situados no seu corpo superior, enmarcan as ventás. Nos de estilo barroco, un deles mostra unha bonita imaxe de Santa Escolástica e o outro amosa un San Bento. Respecto ós de estilo rococó, nun deles hai un fermoso lenzo da Virxe e o Neno, moi do estilo dos pintores cortesanos do século XVIII.

Nos extremos do cruceiro hai outros dous retabulos, de estilo barroco, que son os máis antigos de todos, que mostran certa influencia popular. Son brancos, vermellos e verdes. Un dos relevos é un nacimento de execución moi fina, no que un dos pastores toca a gaita galega.

Finalmente no muro esquerdo da nave, encóntrase o sepulcro do bispo Sarmiento, do ano 1759. Presenta un lenzo do século XVIII da crucifixión.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES