Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Serenos

lunes, 08 de septiembre de 2008
Sei que en Vilalba houbo serenos, un polo menos, pero debía ser eu moi pequeno. De feito, sóame que había un vilalbés ó que lle chamaban “O sereno”, e por algo sería.

Cando vin para Lugo, xa non había serenos. Non cantaban polas rúas eso de “Las doce en punto y serenoooo...”, ou “las dos, y lloviendo...”. Os serenos extinguíranse, ben fose porque os residentes non contribuían xa ó seu sostemento, ben porque o que hoxe se chaman “fuerzas y cuerpos de seguridad del estado” foron eliminando a sua necesaria presencia, aínda que somente fosen armados cun chuzo.

Moitas veces temos lamentado a súa ausencia, porque daría unha grande tranquilidade que pola rúa onde un vive, ou polas que pasamos a cotío, houbese una presencia nocturna que garantise unha certa paz. Por moito que se esforcen, as forzas de seguridade nunca poderán cubrir o territorio – nin siquiera cos policías de proximidade – como aqueles vellos serenos que coñecían a todo o mundo, a todos os efectos, para ben ou para mal.

En Vigo pretenderon resucitar os serenos. Neste caso, un sereno en concreto, na rúa do Príncipe que, vestido de azul marino, con chaleco reflectante, informaba ás persoas, avisaba de desperfectos na rúa, e facía constar a súa presencia coidando que así se facía desistir ós indesexables das súas accións indesexadas.

A aparición do sereno provocou denuncias oficiais contra el, contra a empresa de seguridade que o contrata e contra os comerciantes que promoveron a acción, cunha posible sanción de 30.000€.

A resultas, o sereno pasou a ser “Informador de rúa”, cambiou o azul polo gris na vestimenta, e segue a patrullar a viguesa rúa do príncipe agardando que a súa presencia non cree máis problemas.

Na memoria quédanos aquela figura entrañable das películas e do que nos contaban, posiblemente anacrónica, que foi unha institución e que algún día, do xeito que se artelle, terá que volver.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES