Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Demasiadas frontes abertas

lunes, 31 de enero de 2022
Demasiadas frontes abertas Non sei por onde empezar. Que se a guerra de Ucraína. Que se a guerra do festival de Eurovisión coas nosas Tanxugueiras. Que se a guerra da merda das vacas do concello de Castrelo do Val. Que se a guerra dos bancos e caixas de aforro coa terceira idade. Que se a guerra coa Igrexa polas súas posesións. Que se a guerra coas condenas dos insultos ou non insultos. Demasiadas frontes abertas. Como nas guerras. E hoxe, dunha maneira ou doutra, hai guerra.

A de Ucraína andan, andan a ver que pasa, a ver se se evita, pero, en principio, o material bélico e as tropas vanse achegando. Máis vale previr que curar. Por se aquel, imos estar preparados.

A guerra de Eurovisión teño que recoñecer que non vin nada pola televisión, pero polo que lin, escoitei e si vin por medio dalgún vídeo que me mandaron, de auténtico escándalo o proceder do xurado. Claro que non debería de impresionarnos tanto, cando sabemos que, en certos eventos, e xogándose neles o que se xoga, as trapalladas están á orde do día. E a honradez nunca foi unha calidade da que poida presumir moito o xénero humano. Por certo, non preciso de todo ese barullo para saber quen son e o que representan As Tanxugueiras. Que os demais collen por outro camiño... como se adoita dicir: ellos se lo pierden.

Sobre o problema da limpeza da merda das vacas na vila de Castrelo do Val, eu, sinceramente, se foran miñas as vacas e as ovellas levábaas todas a que cagasen e mexasen ante a porta do concello, aínda que tivese que pagar despois a multa que impuxeron os tres grupos do concello, incluído o BNG, o "gran defensor" dos gandeiros. Ó mellor é porque todos eses políticos pensarán que os van acusar de vivir na Galicia profunda.

As trabas, atrancos ou impedimentos que os bancos e caixas lles poñen á xente maior é de auténtico escándalo. Iso só en cuestión de levar a cabo certos trámites. Pero tamén existe o asunto deses horarios esperpénticos que poñen para realizar tal ou cal xestión. Creo que xa dixen un día que non tardarán en obrigarnos a entrar nas súas oficinas co pé esquerdo ou á pata coxa. E o Goberno, ante estes abusos, segue a lavarse as mans.

A guerra dos insultos ía polo de "galego de merda" que seica non supón delito de odio. Eu digo que depende. Aquí contaría moito o ton. O espazo non dá para explicalo. A guerra dos bens da Igrexa si dará para un futuro comentario.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES