Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 28 de enero de 2022
Un roto para un descosido

Lanzo un bico ó aire, aínda que non me guste moito. Pero en algo teño que matar o tempo. Lanzar bicos a moreas é un bo pasatempo. Outros dedícanse a cuspir sentenzas. Aquí nin saio nin entro. Cada un que faga o que mellor lle conveña. Mentres non nos fagamos dano uns ós outros. Que este é o gran problema. Non sabemos estar Pingas de Orballo quietos. Nin coas mans, nin coas linguas, nin cos pensamentos. Con estes, o que menos. Pero, é verdade, liberdade total. Non temos porque negarlle nada a ninguén. Pola ecuación esa de que canto máis negues, peor é. Sábese que sempre tentou o prohibido. Ademais, bastante. Porque tamén é certo que somos algo torcidos. Algo moito; pero tampouco quero abusar.
Quero abrazar o silencio, aínda que goce co ruído dunha banda sonora. Pero algo teño que esbardallar para que as palabras vaian caendo sobre unha frase, e as frases sobre un papel en branco que, ó final, seguro que non di nada, pero, por se as moscas, quedan aí, están aí. Tamén está o silencio e o ruído; xuntos e por separado; hoxe, en harmonía e, mañá, ó mellor discrepando ou pelexando. É lei de vida. É como soñar espertos, mesmo como ter pesadelos durmindo. Din que nunca faltou un roto para un descosido.
Quero durmir pensando nun sombreiro, aínda que non me deixe ver a fermosura do anhelo. Pero algo teño que soñar para gozar do desexo; mesmo aquel peito esfumado, intuído tras o bafo dun espello. Porque soñar é bonito; bicando, abrazando, durmindo; en silencio e con ruído.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES