Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Yunque ou a vangarda dos anos 30 en Lugo (I)

jueves, 04 de septiembre de 2008
A edición facsimilar da revista publicada nesta urbe entre os anos 1931 e 1932 baixo o nome de Yunque e subtitulada ‘Periódico de vanguardia política’ supón todo un achádego polo feito de reunir por primeira vez o total de seis números con que contou a publicación dirixida polo escritor Ánxel Fole. Estruturalmente divídese en sete apartados, comenzando cunha ficha técnica sobre os seis números de Yunque, un estudo realizado polo investigador Claudio Rodríguez Fer e un percorrido pola prensa galega para situar a Yunque no contexto editorial lugués. Segue cunhas páxinas adicadas ao cambio experimentado no espírito da revista e visible no paso da primeira á segunda etapa da mesma. Polo que se refire ao quinto apartado da edición corresponde a unha sección adicada os colaboradores, para deixar paso aos índices de achegas e colaboradores e xa rematar coa sétima sección da publicación, que constitúe o centro da mesma: a edición facsímil de Yunque, que en 1931 tira tres números entre os meses de maio e xuño e que en 1932 ofrece o seu público lector outros tres, con motivo da Festa do Traballo (maio), o Día de Galicia (xullo) e o último no outono dese ano (según Xesús Alonso Montero a principios de decembro). Son un total de vinte e dous colaboradores con claro predominio dos que usan unicamente o castelán e entre os cales tres escriben baixo pseudónimo.

Concebido como un xornal de vangarda política, subtítulo que desaparece nos números 5 e 6, Yunque comeza a publicarse na cidade de Lugo no 31. Interesa apuntar que a súa edición se obstaculiza no ano 32 por motivos económicos, ao tratarse dunha publicación que se financiaba cos cartos dos seus responsables e do impresor, Antonio Suárez Gómez. Un total de seis números completa a colección de Yunque, presentando os tres primeros un total de oito páxinas, número que o cuarto número reduce a dúas de gran formato; o quinto, coma o último, está sen paxinar e presenta un total de dezasete, mentres que o sexto conta con treinta e dúas.

Os tres primeiros números foron descubertos por Elvira Melián na casa de Francisco Lamas en Madrid, mentres que os tres restantes se encontran na biblioteca Fundación Fermín Penzol. O director da publicación foi Ánxel Fole, anque non figura nas edicións, agás no número 4 da revista, nunha pequena nota que di así: ‘dirigió: a.fole’. Por outra parte, entre os colaboradores cabe destacar, ademais do propio Fole, a personalidades da talla de Federico García Lorca, Álvaro Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Francisco Lamas, etc...
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES