Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O gusto por manter unha cultura (10)

jueves, 20 de enero de 2022
Que diriamos se...?

Acudimos aos escritores, non nun afán de erudición senón buscar toda a axuda precisa para esta reflexión.

Castelao fainos pensar...
"¿Que diriamos se o Estado mandase derruba-lo Pórtico da Gloria? Pois eu digo que o noso idioma é unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateo. Creouna o xenio inesquecible do noso pobo e labrouna o amor, a dor e a ledicia de moitísimas xeracións. Unha lingua é máis ca unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte.

Chega un momento no que o Estado ou o Goberno colocaron os alicerces para que sexa o común da xente quen deixe de falalo e de escribilo sen que se lle prohiba, xa teñen interiorizado o discurso do autoodio, da indiferenza, da lingua da derrota e... como queren ganar, deciden que é mellor esquecelo e que os seus fillos non o coñezan sequera.

Manuel María puxo todas as ferramentas na defensa do galego e así afirmaba
"Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala."

Pero tamén escribiu receitas como esta "Canción para cantar todos os días", un poema que chama á loita para defender a lingua, versos combativos que nacen da análise da situación, da desesperanza ante o que ve.
"Hai que defender o idioma como sexa:
(...)
Hai que defender a fala en loita rexa
(...)
Temos que pelexar cos renegados,
cos que intentan borrar a nosa fala.
Temos que loitar cos desleigados
que desexan matala i enterrala.
(...)
O idioma somos nós, pobo común,
vencello que nos xungue e ten en pé,
herencia secular de cada un,
e fogar no que arde acesa a nosa fe."

O mesmo Manuel María, en plan sarcástico, escribiu o “Poema do alleado” dirixido a todos aqueles que se sitúan do outro lado do propio, no alleo, converténdose en alleados ou alienados:
"Son un bilingüista
moi apaixoado,
un colonialista
ben colonizado.
Teño lingua nai,
i unha lingua pai
i unha lingua filla,
que marabilla.
Son un alleado
fino e progresista
ben domesticado.
Son un castrapista
como está mandado!"
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES