Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 20 de enero de 2022
A lúa e o sol
Se torzo a cabeza cara á dereita vexo a lúa en cuarto crecente. Porque ten forma de D. Que se nos guiamos pola letra debería ser "Decrecer", ou sexa, minguar, é dicir, minguante. Pero como a lúa é mentireira, é polo que sei que nun decrece, senón que crece. Tamén cando ten forma de C (que Crece), é ó revés, que decrece. Lembrade: é mentireira; con D crece e con C decrece.
Se miro de fronte, teño que esperar un pouco, porque o sol non me deixa ver. É máis, cégame. Será por pouco tempo. Xa se está poñendo, acubillando detrás duns edificios. O sol, digo. Ata agora reinou e agora tócalle á miña amiga, á lúa. Sempre foi miña amiga. Moitas veces sorríolle e chíscolle o ollo esquerdo. Sempre o esquerdo. E moitas veces máis soño con Pingas de Orballovestir o traxe de astronauta para facerlle unha visita. Sería unha gozada botar unhas carreiriñas por alá arriba.
Xa podo mirar de fronte. Porque o sol xa se puxo. O sol é unha estrela e a lúa un satélite. O sol quenta, dá vida e esplendor. A lúa produce mareas. O sol queima e a lúa é bela. Agora cada quen que escolla a quen queira.
Un día tamén quero construír unha escaleira para saber ata onde podo chegar con dirección ó sol. Á lúa chegaría nunha nave espacial porque quero ir de astronauta. Isto de astronauta xa o dixen. Unha noite fixen a multiplicación de cantos eucaliptos tería que cortar para facer a escaleira e a cantidade non a digo para que non vos asustedes. Si vos aseguro que acabaría con todos os eucaliptos de Galicia. Que iso sería algo divino, pero esa xa é outra cuestión. En principio, tanto a lúa coma o sol teñen que esperar. Outro día será.

Berro seco, duro e continuo
Cando saímos de ver a obra "A lúa vai encuberta", sobre un texto de Manuel María, ós poucos pasos da Casa da Cultura de Barbadás, a muller díxome que non sabía que pasaran algunhas desas cousas que se representaron. Só por isto, creo que xa mereceu a pena asistir á representación. O que pasa é que "A lúa vai encuberta" é moito máis que esas pequenas Pingas de Orballocousas descoñecidas. A obra é un auténtico berro seco, duro e continuo contra a ignorancia da nosa historia. É tan seco que deixa como un malestar no estómago pola impresión do que se conta e como se conta.
"A lúa vai encuberta" analiza, ispe, debulla, murmura, berra, canta a nosa historia, desde o referendo de autonomía de 1936 ata os nosos días. Mesmo hai unha escena (a das manifestacións e folgas) na que os silencios se fan incómodos, rabuñan nas entrañas para que manquen nas conciencias. O fascismo, cos seus fusilamentos e exilios sobrevoa boa parte da obra. Espállanse tamén polo escenario e pola platea as guerrillas, as concentracións parcelarias, a emigración, a cultura contra o fascismo (xenial esta escena ante a mesa de braseiro de Ramón Piñeiro)...
A obra é unha produción de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, dirixida por Tito Asorey, que tamén actúa xunto a Melania Cruz, Vanesa Sotelo e Davide González. Os catro, ante unha escenografía sinxela de todo, mostráronnos esa realidade encuberta pero que sempre estivo aí. A nós non nos quedou outra que agradecerllo. Creo que todo o patio de butacas o fixo. Porque, eu, persoalmente, levaba moito tempo sen ver unha obra tan boa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES