Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 13 de enero de 2022
Perla Negra

Sei que por varias veces nos meus relatos asomou o nome de Perla Negra. Vou explicar o motivo, porque ten o seu aquel. Vaia por diante, non obstante, que non son home de mar (por moito que alucine con el e, principalmente, co seu ruído; non hai coma o ruído do mar), nin tampouco son devoto da saga cinematográfica de Piratas do Pingas de Orballo Caribe. Por non ser, nin ata son moi "amigo" de Johnny Depp. Non distingo un barco dunha carabela, nin sei cal é a proa nin a popa. Imos coa historia.
Era unha tarde desas de verán na que as terrazas dos cafés empezaban a ocuparse de continuo. A dúas mesas de onde me atopaba, catro mociñas falaban das súas cousas que, a esas idades, versaban case todas elas sobre os seus mozocos. "Ti, así en plan cariñoso ou romántico, como lle chames ó teu?", preguntou unha e inmediatamente xa deu tamén a súa propia resposta: eu chámolle cariño. Eu corazón, dixo outra. Eu cousa bonita, a terceira. Pois eu chámolle Perla Negra, soltou a que recibira a pregunta. As tres amigas quedaron sen saber que dicir ata que soltaron a gargallada a un tempo. Eu recoñezo que tamén quedei asombrado e que deixei escapar un medio sorriso porque o asunto non era moco de pavo.
E tanto! Que xa botei todo o resto da tarde pensando no nome a murmurándome que pouco a pouco tamén a min empezaba a gustarme, que non estaba mal, que tiña o seu aquel, a pesar da saga cinematográfica e do Johnny Depp. Imaxinei a esa mociña chamándolle "miña Perla Negra" ó seu amiguiño. Ou máis que amiguiño.

Ó final do Universo

Boto de menos que o mundo non sexa cadrado. Porque non sendo cadrado, non podo acochar en cada un dos seus recantos. Así tan só estou á intemperie e teño que correr sempre en redondo. A non ser que quede quieto. Non é bonito quedarse quieto. Hai que alixeirar e apurar para contemplar a vida en movemento. Todo é movemento. Pingas de Orballo Mesmo as follas dos carballos se moven empurradas polo vento. Incluso o pelo dunha muller cando sae ó balcón dos sentimentos. Os balcóns adoitan ser ese recantos nos que se espallan (ás veces tamén é certo que descansan) os sentimentos. Tamén os pensamentos. Non obstante, hai sensacións e criterios que non necesitan esconderse nas esquinas do mundo, que incluso é bo que dean voltas e reviravoltas ata atoparse coa realidade da vida. De todos é sabido que a realidade da vida é unha pequena protuberancia da que non podemos renegar. Porque sempre está aí.
Boto de menos que o universo non se quede quieto. Se non se movera, choutaría de planeta en planeta e de estrela en estrela. Movéndose non sei que dirección coller. Sempre me custou a realidade das opcións (certo, menos na das dereitas e as esquerdas), por moito que digan que a primeira idea é a que conta. Teño medo da dor que pode causar o cometa do amor ou o meteorito do desexo. Que todo falle, que todo rebente, que todo sexa un buraco escuro. A felicidade, por moi bonita que sexa, que é, sempre vai estar, a moi puta, ó final do universo. E o maldito universo nin ten fin nin está quieto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES