Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xitanos, do gueto á gaiola (II)

lunes, 01 de septiembre de 2008
Un gueto é un lugar degradado, habitado pola pobreza, a marxinación e a exclusión social.

Unha gaiola, metaforicamente, é un pequeno espacio onde alguén vive illado da súa contorna natural.

Integración é a asimilación dunha minoría por parte da cultura maioritaria, entendendo por cultura unha forma de vida aprendida na súa historia.

Inserción e unha síntese de culturas, de xeito que ambas se interrelacionan posibilitando unha convivencia respectuosa coas características de cada unha delas e un enriquecemento mutuo.

Pois ben, referíndonos neste caso aos xitanos de Penamoa ou o Vao, e a outros lugares que estean na mesma situación, consideramos que si o gueto é un fracaso a gaiola tamén o é. Pretender solucionar o problema do gueto, desintegrando á unha comunidade grupal como é a xitana do seu mundo humano natural, illando familias en edificios paios, de barrios paios, tratando de integralos nas formas de vida paia, é pechalos como nunha gaiola, despersonalizando a unha etnia que ten todo o seu dereito a vivir cos seus e como os seus, aceptando, evidentemente, as leis e normas de convivencia coas que a cidadanía, á que tamén os xitanos pertencen, se dotou.

Pero ademais das leis humanas que hai que cumprir, existen outras naturais que a cidadanía tamén ten que respectar como son, chamemos, as do dereito a agruparse en función de toda unha serie de características propias xa sexan culturais, étnicas, nacionais, ou sociais, que lonxe de significar guetos son lugares de vida, barrios perfectamente normalizados socialmente. Deste xeito, temos cantidade de urbes con barrios onde se congregan colonias de paquistanís, ou de indios, ou de chinos, ou de negros, ou de latinos. Lembro a praza da estación de Cornavin en Genéve nos anos 60, rebautizada praza do carallo (reconfortante expresión que escoitaban os emigrantes ao baixar do tren), lugar de encontro dos galegos que chegaban a Suíza para alí buscar sitio onde apousentarse xunto aos seus compatriotas. En Madrid no barrio de Chueca procuraron unha habitabilidade tranquila e agradable moitos homosexuais. E así poderíamos seguir. Nas cidades hai barrios multirraciais e ata burgueses e proletarios, marcados polo poder económico de cada quen, e a nengún destes barrios os cualificamos de gueto e tampouco son gaiolas de robinsòns.

Os xitanos, polo tanto, como calquera outra xente, é lóxico que queiran e deban vivir próximos aos seus clans, ao que teñen todo o dereito e ao que se debe contribuír. A inserción das diferencias, dáse na convivencia cotián, nas rúas, nos autobuses, nas tendas, nas prazas, nos mercados, nos parques, nas festas populares, nas asociacións veciñais, nos centros cívicos, nos centros de saúde, no traballo, nos cines, nas discotecas, nos bares, etc... Nunha vida diaria de comprensión e respecto de cada quen e as súas circunstancias.

Na realidade isto sucede xa en varios sitios de Galiza e polo tanto é posible a súa extensión a outros. O reto está en que tamén sexa factible para os procedentes agora destes guetos xitanos.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES