Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 07 de enero de 2022
O mesmo paspán de sempre

Entrei con parsimonia e con certa nostalxia na palleira que teño ó lado da casa. Andei por entre diversos aparellos, sendo máis grande o carro das vacas, ata chegar á parede do fondo. Entre pedra e pedra sabía que atoparía ducias de niños das arañas. A miña ilusión era atopar un niño grande polo que puidese asomar un arañón deses de Pingas de Orballo campionato, ou sexa, enormes. Así é que cunha palliña de centeo furgaba por debaixo dos niños coa intención de expulsar fóra ó arañón. Dos cinco primeiros niños que atopei nada saíu porque entendo que nada había. Non obstante, no sexto, e cando vin que se movía bastante, arremanguei a manga esquerda da camisa e puxen o brazo por baixo do niño e pegado á parede. Dígoo claramente: quería que me mordese a araña ou arañón ou que fose. Porque quería saber se me convertería en Spiderman.
Que queredes, sempre quixen ser ou ter algo de Spiderman. Quen non soña con estirar os brazos e lanzar esas arañeiras para percorrer as cidades ó berro de Tarzán. E que gozada ten que ser arruñar ou agatuñar polas paredes. Agora ben, por moita resistencia que teñan as teas de araña, por se aquel, eu non serei tan parvo para chamar a tantos elefantes para que se bambeen. Non sexa o demo que...
Que bonito ser Spiderman. Para poder salvar o mundo desas bestas que tan só saben facer mal. Mais por moito que andei e andei pola parede da palleira e furgando en todos os niños, queredes ver que non me mordeu ningunha araña. Así é que toca seguir sendo o mesmo paspán de sempre.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES