Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Plaga nos carballos

jueves, 28 de agosto de 2008
A PLAGA DO CARBALLO “ALTICA QUERCETORUM” REXISTRA UNHA ALTA INCIDENCIA NO CURSO MEDIO DO MIÑO

ADEGA non recomenda o uso de insecticidas para combatila

A plaga do carballo Altica quercetorum está a afectar de xeito importante ao interior da provincia de Ourense e de Lugo. Altica é un escarabello que produce a defoliación sobre todo do carballo (Quercus robur) pero tamén afecta a outras especies como abelaira (Corylus avellana) e amieiros (Alnus glutinosa) entre outros. Tanto as larvas como o escarabello adulto aliméntanse das follas provocando danos importantes aínda que non adoitan causar a morte dos carballos. Poderían provocar a desecación do carballo se se combina co fungo oidio do carballo (Mycrosphaera alphitoides).

Esta plaga é coñecida en Galiza dende 1981 rexistrando un crecemento da súa área de distribución dende aquel ano. Polo tanto a súa orixe é recente e está favorecida a súa proliferación polo tempo seco e cálido. Con tempo chuvioso o escarabello desenvolve un fungo parásito que reduce o seu número de exemplares.

Esta é a razón da súa maior incidencia no interior de Galiza que na costa.

As áreas máis afectadas das que temos constancia este ano son: Taboada, O Saviñao, Sober e Pantón en Lugo e Ourense cidade até Celanova na provincia de Ourense.

Estes datos proceden de observacións directas de membros de ADEGA e de veciños destas localidades pero a área de incidencia real é, con seguridade, moito maior. Facemos un chamamento aos veciños que observen que hai carballos afectados no seu lugar para que se poñan en contacto con ADEGA e envíen fotos das plantas afectadas coa fin de coñecer máis detalladamente o alcance real da plaga.

Os síntomas para recoñecela son que as follas fican de cor marrón debido a que as larvas e o escarabello adulto comen a parte verde das follas deixando os nervios das mesmas, provocando a denominada “esqueletización das follas”. Asimesmo a partir de agosto pódense observar os escarabellos adultos de cor negra con brillos irisados.

ADEGA non recomenda o uso de pesticidas para combatilos xa que a fumigacións sistemática dos carballos pode afectar a outras moitas especies animais que nada teñen que ver coa plaga e mesmo poderían afectar aos seus depredadores. Ademais a fumigación só é efectiva no mes de abril e cunha incidencia puntual da plaga, nestes momentos temos unha incidencia xeneralizada que non pode combatirse fumigando pola súa extensión.

Máis datos poden obterse do excelente traballo de Pedro Mansilla, C. Iglesias e D. Mazoy dispoñible na web do Ministerio de Agricultura no seguinte enderezo:
http://www.mapa.es/ministerio/pags/biblioteca/plagas/BSVP-19-01-019-026.pdf

A súa maior incidencia en anos secos e a súa proliferación no carballo do interior de Galiza pode ser un síntoma do cambio climático acentuado pola mediterranización do clima nestas zonas xa que este verán foi chuvioso na costa pero bastante seco no interior de Galiza. Esta hipótese debe ser comprobada por especialistas coa fin de prever danos maiores en anos sucesivos.
Adega Santiago
Adega Santiago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES