Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eugenio Montes en Lisboa (2)

lunes, 03 de enero de 2022
Toma de posesión dos cargos de Director e Catedrático do Instituto

A través do texto dos documentos internos: 146, 148, 153 e 1621, e das notas aclaratorias a cada un deles, contamos con información fiable da chegada de Eugenio Montes a Lisboa, do seu punto de partida e a da súa función anterior.

O documento número 1462, do día 29 de Marzo de 1937, infórmanos da toma de posesión de Montes dos cargos de Director e Catedrático do Instituto Español de Lisboa. Esta nota vai dirixida ao "Exmo. Sr. Presidente de la Comisión de Cultura y Enseñanza". Na que informa que a toma de posesión tivo lugar o día 24 de Marzo ás 12 horas, "de conformidad con la Orden de la Presidencia de la Junta Técnica del Estado del 17 del actual", e que cumpriu con todas as formalidades legais. Montes, antes de ir destinado a Lisboa, ocupaba de forma provisional o cargo de Catedrático de Instituto en Burgos.

Por o texto do documento número 43, do libro "Embajada de España en Portugal", "Cien documentos de archivo. Instituto Español Giner de los Ríos”, ed. de Ángel Chica Blas", coñecemos que:
"Sus primeras actuaciones fueron aplicar al Instituto las directrices que, sobre depuración del profesorado, había establecido la Comisión de Cultura y Enseñanza".

"A nivel político se identificó con el ideario de José Antonio, siendo uno de los fundadores de Falange y miembro de la tertulia "la ballena alegre". Viajó con José Antonio a Alemania e Italia en 1935.

"Tenía buenas relaciones personales con poetas de signo político diametralmente opuesto como Pedro Garfias o Federico García Lorca que le dedicó uno de los poemas de su Cante Jondo 'Gráfico de la Petenera' ".

"Fue Director del Instituto hasta 1954, desarrollando una notable labor de difusión de la cultura española en Portugal. Después lo sería del Instituto de Roma".

No documento número 1483, de data 29 de marzo de 1937, o Secretario, informa ao Representante do Estado Español en Lisboa, da toma de posesión de D. Eugenio Montes dos cargos de Director e de Catedrático do Instituto Español.

Por medio do documento número 1534, de data 31 de Marzo de 1937, a representación en Lisboa do Estado Español, felicita a Montes por a súa toma de posesión como Director e Catedrático do Instituto Español.

O documento número 1625 do día 24 de setembro de 1937, é unha certificación da toma de posesión do Sr. Montes, feita por o Director accidental D. Eugenio Asensio Barbarin, con carácter diferido. No documento número 51, encontramos esta información complementaria:
"El documento es curioso por sus "anomalías" administrativas. Se envió en septiembre de 1937, pero el Sr. Montes había tomado posesión en marzo de ese mismo año. Lo firmó D. Eugenio Asensio, que fue Director Accidental de enero a marzo de 1937, pero ya no lo era en septiembre. Realmente esa Certificación debería haberla extendido el Secretario del Centro reflejando la toma de posesión".

"Con este oficio se debió intentar cubrir algún fallo de procedimiento. D. Eugenio Montes había sido nombrado Director del Instituto de Lisboa por decisión directa de la Comisión de Cultura y Enseñanza de la Junta Técnica del Estado. Ese organismo era el "Ministerio de Educación" del Gobierno de Franco en Burgos. A su frente estaba José María Pemán".

As primeiras decisións de Eugenio Montes en Lisboa
Montes encontrouse cun Instituto, que estaba funcionando con aparencia de normalidade, en cambio no fondo, por a documentación existente, apreciase un malestar profundo. Os dous anteriores directores, D. José Hernández Almendros e D. Eugenio Asensio Barbarín, non tomaron medidas en contra dos seus compañeiros que estaban ausentes ou mobilizados defendendo a República.

Comprobamos que as decisións de Montes foron contundentes, duras, frías, difíciles,improvisadas, inoportunas e sobre todo precipitadas. O Sr. Montes toma posesión o día 29 de Marzo e o día 5 de Abril, propón a baixa de catro profesores, aos que había que engadir un quinto con posterioridade. De estar presentes os afectados, ou de asesorarse máis cos anteriores directores, e menos co Sr. Ybot, que é o que eu deduzo, a proposta de expulsión sería máis meditada, selectiva e rigorosa, a pesar das presións, que a ben seguro estaría sufrindo.

O documento interno número 1496, do día 5 de Abril é claro, directo e conciso. Montes propón que "sean dados de baja en sus respectivos escalofones las siguientes personas que ejercían cargos de enseñanza en el Instituto Español de Lisboa y que por su actitud política, abiertamente contraria al Movimiento Nacional, no pueden desempeñar función alguna en el Nuevo Estado Español":
- Don Ramón Martínez López, Catedrático.
- Don Antonio Terol Hernández, Maestro.
- Don Luis Falcó Gimeno, idem.
- Don Agustín Sala Sala, idem.

O documento número 44, apórtanos máis información desta proposta do Sr. Montes:
"Encontró un Instituto funcionando, cuyo Claustro había enviado un telegrama de adhesión a Franco en octubre de 1936. No obstante en ese Claustro había varios profesores que no estaban presentes por encontrarse en España movilizados en zona republicana. El antiguo Director, Sr. Hernández no había tomado ninguna medida contra ellos. Forzado por las circunstancias presentó su dimisión en enero de1937. Nombrado Director el Sr. Asensio, catedrático más antiguo, tampoco puso en funcionamiento ninguna maquinaria administrativa contra esos profesores".

"La llegada del Sr. Montes significaría el fin de esa situación. En breves días tomó la decisión de enviar a Burgos la propuesta de baja en los escalafones respectivos de una serie de profesores, Srs. Martínez López, Sala, Terol y Falcó. También lo haría posteriormente con el Sr. Mir.

De estar ben asesorado o Sr. Montes, non debeu incluír nesa relación, por motivos diferentes ao Sr. Martínez López, por estar expulsado de Portugal, e ao Sr. Mir Segui, por encontrarse fora co permiso de vacacións.

A información do documento interno número 1558 , de data 4 de setembro de 1936 era suficiente para excluír a D. Ramón Martínez, sabendo que non podía entrar en Portugal. De coñecela o Sr. Montes, non tiña porque incluír a D. Ramón Martínez López, o traballo xa llo fixera o réxime de Salazar ao expulsalo de Portugal, por persoa non grata, con anterioridade (2 de setembro 1936). Soio a desinformación, a mala fe, o rancor ou a ignorancia por parte de Montes e as persoas que o asesoraban podían conducir a esa decisión.

A nota 37, que copio a continuación aporta información esclarecedora.

Documento número trinta e sete:
"Se trata de una carta, remitida en septiembre de 1936, por el Embajador en Lisboa de la República Española. Desde Abril de 1936 ocupaba este puesto el catedrático de Historia de la Universidad Complutense y Diputado electo en las elecciones de febrero de ese mismo año, D. Claudio Sánchez Albornoz.

En esa carta comunica al Director del Instituto, a la sazón D. José Hernández Almendros, que el catedrático de Lengua y Literatura, D. Ramón Martínez López, debería salir urgentemente de Portugal, "invitado" a ello por el Gobierno Portugués.

El Embajador pidió que se le remitiera la "Hoja de Servicios" de este catedrático, para enviarla a su nuevo destino en la Embajada de España en París.

El motivo de esta "invitación" era que, además de su labor como catedrático, D. Ramón Martínez López ejercía como Agregado Cultural en la Embajada. Una vez producido el golpe de estado de 18 de julio, una parte importante de los funcionarios de la Embajada en Lisboa se sumaron al mismo, dejando en desamparo al Embajador.

D. Ramón Martínez López se mantuvo fiel al Gobierno constitucional de la República y multiplicó su actividad de apoyo al Embajador. El Ministerio de Negocios Extranjeros de Portugal, que no estaba dispuesto a facilitar el funcionamiento normal de la Embajada, dada las simpatías del Gobierno de Salazar por la Junta de Burgos, estimó que una forma eficaz de perturbar ese funcionamiento era expulsarlo de Portugal".

D. Ramón, nos anos que estivo en Lisboa desde, xaneiro de 1933, desenvolveu unha gran actividade, tanto cultural como política. Catedrático no Instituto Español, Agregado Cultural na Embaixada, profesor na Universidade de Lisboa e Presidente da Xuventude de Galicia. En setembro de 1936, foi declarado persoa non grata por o Goberno de Salazar e tivo que abandonar de inmediato Portugal.

Foi un destacado intelectual e político galego, participou na fundación do Seminario de Estudos Galegos, colaborou con A Nosa Terra e con Nós, militou en Irmandades da Fala, ORGA e no Partido Galeguista. Licenciado en Dereito, en Filosofía e Letras e Doutor, en 1930 obtivo a Cátedra de Lingua e Literatura Española, exerceu primeiro no Instituto de Lugo e a partir de 1933 no Instituto Español de Lisboa.

Durante a Guerra Civil foi agregado cultural nas embaixadas de España en Lisboa e París. De Portugal tivo que saír camiño do exilio, por orden de Salazar, en setembro de 1936, o primeiro destino foi París, logo Buenos Aires, a partir de 1940 e hasta a xubilación, en 1971, desenvolveu a actividade docente e investigadora en Estados Unidos, como profesor de Lingua e Literatura Española e Portuguesa na Universidade de Austin. Foi profesor visitante en varias universidades estadounidenses, membro do Centro de Estudios Filolóxicos de Lisboa, da Medieval Academy of America, do Instituto Internacional de Literatura Ibero-Americana, da Modern Langage Association e da American Association of Teachers of Spanihs and Portuguese.

En 1971 volveu a Galicia e incorporouse a vida cultural e política. Participou na restauración do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, foi membro da Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, tivo o cariño e o recoñecemento oficial, público e privado, da súa xente na súa terra. No ano 1984 recibiu a Medalla Castelao.

No caso de D. Jaime Mir Segui, entendo que tamén debía de estar marcado politicamente, senón non tiña sentido incluílo na lista de expulsión, cando il en Xuño de 1936, foise de vacacións, e a situación de guerra impediulle regresar ao Instituto.

A certificación de D. Miguel Junquera, Catedrático e Secretario do Instituto de Lisboa, do día 29 de Xullo de 1939, axudou a que se revisase o seu expediente, "en uso de sus vacaciones se trasladó a su ciudad natal de Mahón donde le sorprendió el Glorioso Movimiento Nacional", anexo 9

En Marzo de 1940, levantóuselle a sanción, con limitacións (anexo 10), "traslado e inhabilitación para el ejercicio de cargos directivos y de confianza en instituciones culturales y de enseñanza".

Por o documento número 66, coñecemos máis información do Sr. Mir:

"El Catedrático de Matemáticas D. Jaime Mir Seguí. Llegó destinado a Lisboa en el curso 1934-35. Al comenzar la guerra civil estaba de vacaciones en Menorca donde vivía toda su familia. Lógicamente no pudo reincorporarse al Instituto cuando terminó el verano".

"Fue sometido a expediente de depuración, que culminó con la sanción de separación definitiva del servicio. Terminada la guerra el Sr. Mir reclamó esa decisión. Para ello solicitó al Instituto que le emitieran un certificado sobre su actitud durante su permanencia en Lisboa. El Sr. Junquera, Secretario del Instituto, redactó un informe adecuado a esas circunstancias".

"Cuando fue revisado su expediente de depuración se anuló la separación definitiva, pero se le sancionó con traslado de destino, por lo que perdió su plaza de Lisboa, y además fue inhabilitado para ejercer cargos directivos y de confianza. El Sr. Mir ocuparía cátedra en su Mahón natal hasta su jubilación".

Os señores Falcó e Terol, foron expedientados e expulsados do escalafón de mestres en 1937. Os documentos números 260, 1599 e 1607, dos anexos 11,12 e 13, informan da súa separación definitiva ao Xefe da Sección Administrativa de Primeira Ensinanza de Badajoz e ao Director do Instituto Español en Lisboa, con data 11 de decembro de 1939.

O Sr. Sala, exiliouse en México, deu clases no Colexio Madrid, creado para atender a cantidade de nenos e nenas que chegaron exiliados coas súas familias.

As presas, a escasa reflexión, o impulso e a cegueira política, levaron a Montes a tomar decisións desafortunadas, en parte, eu penso que mal asesorado, non tivo en conta o procedemento a seguir, e de forma abreviada, acordou o proceso de depuración. O impacto negativo, que debeu producir a solicitude foi notorio, dado que, desde Burgos, con data do 1 de Maio de 1937, lles contestan de forma contundente, indicándolle o procedemento a seguir, a través da nota interna número 1677.

"Esta comisión con objeto que con dicho profesorado se siga el mismo procedimiento de depuración señalado para todo el de España, ha acordado que por V.S. como Director del Centro, auxiliado por el Secretario que designe, se incoe y tramiten los oportunos expedientes en los que se formulará el oportuno pliego de cargos al interesado si procediera y una vez contestado el mismo proponer a esta comisión la sanción que estime adecuada".

No ano seguinte Montes inicia unha xira por países de América do Sur, dando varias conferencias co fin de transmitir unha imaxe positiva do réxime de Franco. A distancia viríalle ben, para sacudirse do estigma negativo desa primeira decisión. Substituiríalle no cargo de forma provisional o Sr. Ybot, función que ao meu entender, viña desempeñando de facto desde o comezo da Guerra Civil.

1. A base documental deste artigo está publicada no libro: Embajada de España en Portugal, "Cien documentos de archivo. Instituto Español Giner de los Ríos", ed. de Ángel Chica Blas, Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Madrid 2012. Este texto pódese consultar en Internet. https://www.educacionyfp.gob.es/portugal

É de agradecer ao Sr. Chica o traballo de recollida da documentación oficial e a información engadida a cada un dos cen documentos.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES