Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viveiro, moito fandango... e soños de amor (13)

miércoles, 05 de enero de 2022
As nogueiras, a xira... e outras festas: Viveiro, Vila alegre...
O ar máxico das festas esmorece paseniño con outras festas, xa menores, pero non por iso deixan de ser bonitas e entrañables.

AS NOGUEIRAS

O souto das Nogueiras é un fermoso encrave, pertiño do entrañable e mariñeiro Pénjamo, para unha pequena festa no serán do vrau. Os castaños i eucaliptos acougan o suave camiñar do rio das Nogueiras. O campo é tenro e as pedras pequenos bancos onde os festeiros descansan. En realidade a festa consiste nunha sardiñada no souto e trocase nun xeito de gratitude con que agasalla a comisión a veciños e forasteiros. Soa a gaita, nai ou mai dos galegos, e erguense os corazóns ao compás dos pés. Na mentras, unha amplísima barra serve de mostrador para repartir sardiñas e viño a esgalla. Tamén hai pandillas que levan as súas viandas a base de empanadas, tortillas, lacón cocido... e moito viño. Son moitos os kilos que alí se asan e a troula que sempre se montaba. Uns garamallos, a modo de coroa, e algún colar de coloris dan o ar festeiro e ise toque de humor que é moi de agradecer para recordarnos a ledicia de vivir ledos. De novo soan os gaiteiros no medio dos eucaliptos e as crianzas, dixeran os portuxeses, bailan e erguen os pés ó ritmo da música. Non han faltar Salomé e Pepe do Galicia... E moitos outros. O baile é tempo de ilusión e vagar de soños.

E logo baile miudo na Pontelabrada có ritmo eléctrico dalgún dos clásicos e xeniales Pindaros.

Hoxe é posible que despois sexan as Corales. A programación pode variar dun ano para outro.

Un número dos días de festa a Coral de Viveiro organiza, no estrado da Praza Maior, unha xuntanza de colegas de localidades máis o menos próximas. Alí desfilan as mellores voces dos orfeós galegos ou asturiáns. Son intres para exhibición do bó facer no bel canto e así podemos escoitar habaneras e un repertorio de planceteiras cancións as que tan aficioados somos algúns.

Cómpre felicitar non só a organzaciós, senón os compoñentes de cada unha delas polos seus esforzos., non só nos ensaios, que tanto tempo rouban a outras actividades, senón tamén pola capacidade de adaptación de cada persoa aos comopañeiros. A convivenza non é doada e requiere moitas veces extraordinaria xenerosidade. Así que sempre agradecidos. E a catuación ¡Mágoa que se acabe!...Ata mañá.

A Xira a Portochao

Xa non existe como tal festa. Era unha excursión con botes e ata motoras nas que as pandillas ían polo río Landro arriba ata Portochao. Todas artisticamente engalloladas con bandeiriñas e garamallos. Era un remar e cambiar de bogador, case todos sen experiencia, co suposto cachondeo de non saber nin estarse quedo no bote ou rompendo nos estrobos. Unha aventura onde o máis ousado presume diante da pretendida moza sen ter idea do que é andar en lancha. As risas duran todo o camiño e as bulras tamén. E, chegados a destino, merenda a base de empanada e tortilla. Alí no campo sempre había un grupo de gaiteiros para montar a festa. Era graciosa e xuvenil a excursión polo ateigados que ían os botes, pola inexperiencia de moitos rapaces no arte do mar, -queirase ou non o río e o mar son parellos a istes efectos- e a situacións cómicas que se plantexaban. ¡Mágoa dila!

Nos tempos da novez tamén había outros días regatas de botes, bateles, cucañas e outros espectáculos curiosos e simpáticos. Agora xa non hai cucañas e o lugar para as regatas de bateles cambearono de sitio e coido que xa non hai tanto público. Tampouco me fagan moito caso porque, como dicía antes, ando noutra onda.

Escolma de meus: Amor Mariñeiro no ar

A Maruja del Bossa Nova, emigrada en Alicante,con forte agarimo nistes intres de profundo dolor. Sempre amigos.

A máis da Coral, e lóxicamente todos los grupos que conleva o Conservatorio, Escolma de Meus ven sendo o emblema músical de Viveiro e representa, con esquisita claridade, o xeito de sentir do Pobo. Unha mistura de xente do mundo da música e outra de voces dos ambientes da taberna, armonizan calidade, ilusión e bó facer para deleitar aos viveireses e forasteiros coa música máis axeitada ao noso sentir como Pobo. Eu gardo e escoito con gran palcer as súas músicas cando, no días de garimosa morriña, quero disfrutar da beleza artística que supón o cantar de amigos e veciños.

E como cada un sentimos co noso corazón, eu recordo sempre a meu pai cando, traballando na tintorería, cantaba con Benigna da Paraña, a filla do Eléctrico, tan linda coma boa cantante, aquelo de la Barca do oro: "Yo ya me voy al puerto donde se halla...". Cecais despois a vida fixo a Benigna emigrante, non vaia ser que se acaben. E como cada un ten as propias vivencias tamén me emociono con "Mi viejo San Juan", que un día coñocin, e troco san Juan por Viveiro e a letra encaixa. E non reparo en recoñocer que choro cando escoito "Vivero, no puedo vivir sin ti". E sei que non fun o primeiro que o fixo, e sinto orgullo nilo, ó contrario da estúpida teima que lle teñen os idiotas aos rómanticos. Na vida hai un xeito de medir as persoas, que non é carteira, senón o corazón. E moitos pobriños ricos siguen sen entendernos ¿Recordan o de imbéciles e oscuros do noso Himno? ¡Claro que tamén lles viña ben ler, aínda que só fora por non esquencelo!.

Pois co Concerto de ESCOLMA DE MEUS rematan as festas cunha sensación de tristura, con unha resignación que exige a vida e coa esperanza de que as ledicias sexan eternas.

Non se apuren: Aínda queda NASEIRO.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES