Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sonetos a Eduardo Álvarez e Manuel Abella, con Monforte ao fondo

miércoles, 29 de diciembre de 2021
A Eduardo Álvarez Rodríguez, traballador no comercio de tecidos, hoxe inexistente, do meu avó materno Manuel Abella Losada en Monforte.

IN MEMORIAM

Foi Eduardo Álvarez amigo.
Dunha entrega total ó seu traballo
no comercio. Non tiña ningún fallo.
Eu vivín a verdade do que digo.

Era mellor ca o mellor pantrigo.
Cumpridor exemplar, sempre no tallo.
Súa impar entrega a nós, un agasallo,
que, desde o corazón, firme, bendigo.

Cando neno, eu morría de morriña
en Madrid, aínda sendo ben tratado:
sen a casa o meu ser non se sostiña.

Viñeches de Monforte: fun salvado.
Leváchesme a Galiza, á casa miña.
Para ti meu eloxio emocionado.

Eloxio demorado,
pero no corazón sempre metido.
Para ti meu eloxio máis sentido.


Os Tilos, 15/Nadal/2021


SONETO PARA O MEU AVÓ MATERNO
MANUEL ABELLA LOSADA


Ó meu avó materno este soneto
dedico, en loor da súa bondade,
e exemplo luminoso de humildade,
dando grazas a Deus por ser seu neto.

No traballo e no ben, sempre discreto.
Súa relixión, súa exemplaridade
e a súa indeleble humanidade.
Seu corazón, sempre de amor repleto.

Viviu para a familia e o traballo.
Canto na horta co avó gozamos,
man do señor Antonio, sen un fallo!

E nós, co avó, ó paraíso iamos:
randeira, froita, flores... Agasallo
era ter noso avó, que veneramos.


Os Tilos, 22/ Nadal / 2021.
Fernández Abella, Xoán Xosé
Fernández Abella, Xoán Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES